Santiago de Compostela: Càrcere para estudantes por protestar contra a homofobia
Retirada inmediata dos cargos!
O pasado decembro tres estudantes de Compostela foron encausados por un suposto delito de desordes públicas por participar nunha protesta contra o profesor da facultade de maxisterio Domingo Neira.
Este individuo, autor de frases como “A sociedade está enferma e enganada pola homosexualidade”, “Os homosexuais carecen de 'hombría' e non poden educar", “A homosexualidade é contaxiosa” ou "Non se pode permitir a parellas do mesmo sexo adoptar, posto que lles pasarían o seu mal aos seus fillos”, fora suspenso de emprego e soldo durante o curso 2013-2014 produto da mobilización social da comunidade educativa e das organizacións de esquerda. Un profesor que, por certo, tiña como referencia da súa materia un libro da súa propia autoría onde facía fincapé nestas ideas noxentas. Porque por suposto, non chega con usar a educación pública para facer apoloxía deste tipo de ideas franquistas, é aínda mellor ser homófobo e simultaneamente facer negocio da propia homofobia.