Retirada inmediata dos cargos!
O pasado decembro tres estudantes de Compostela foron encausados por un suposto delito de desordes públicas por participar nunha protesta contra o profesor da facultade de maxisterio Domingo Neira.
Este individuo, autor de frases como “A sociedade está enferma e enganada pola homosexualidade”, “Os homosexuais carecen de 'hombría' e non poden educar", “A homosexualidade é contaxiosa” ou "Non se pode permitir a parellas do mesmo sexo adoptar, posto que lles pasarían o seu mal aos seus fillos”, fora suspenso de emprego e soldo durante o curso 2013-2014 produto da mobilización social da comunidade educativa e das organizacións de esquerda. Un profesor que, por certo, tiña como referencia da súa materia un libro da súa propia autoría onde facía fincapé nestas ideas noxentas. Porque por suposto, non chega con usar a educación pública para facer apoloxía deste tipo de ideas franquistas, é aínda mellor ser homófobo e simultaneamente facer negocio da propia homofobia.
Sen embargo para o curso seguinte, en vez de botalo fora da universidade, a USC volveuno a integrar. Os tres estudantes encausados e mais de 70 alumnos protestaron ante esta decisión cun escrache á saída dunha das clases deste individuo. Soamente por este motivo pídeselles 5 meses de cárcere a cada un!!
Dende o Sindicato de Estudantes denunciamos que mentres a USC mantén a individuos machistas e homófobos coma os profesores Domingo Neira ou Luciano Mendez (profesor da Facultade de Económicas que esta semana reclamouse "desconcentrado" polo escote dunha alumna) trate de criminalizar á mocidade que loita contra estes elementos. É unha vergoña que sexa a propia USC quen efectúe a denuncia contra estes tres alumnos e que sen embargo actúe coa máxima permisividade contra os elementos máis miserables e reaccionarios do séu plantel.
Tampouco nos sorprende a actitude destas institucións. Dende fai anos vimos vendo unha oleada de criminalización e represión por parte da dereita e do goberno do PP. Cando a clase traballadora e a mocidade loita contra os elementos máis podres do sistema capitalista e das institucións burguesas, o goberno dos ricos recorre á represión, tratando de impoñer penas de cárcere a estudantes, sindicalistas e activistas sociais. É o caso de Alfon, os oito de Airbus, de Titeres desde Abajo, entre moitos outros.
ABONDA XA DE MACHISMO NAS AULAS!!
ABONDA XA DE REPRESIÓN!!