Compostela: IES Xelmirez II Abonda de represión, queremos elixir o noso futuro!
Os alumnos do Xelmirez II están a levar unha dura loita polo seu futuro. Levan unha semana reclamando cursar en 2º de Bacharelato Literatura Galega do século XX e Historia da Música e da Danza. Aínda que pode parecer unha reivindicación lóxica, está a provocar unha vaga represiva por parte da dirección contra alumnos e profesores.
O pasado luns 6 de Xuño, un grupo de cen alumnos de 1º de Bacharelato concentráronse no vestíbulo do instituto durante todo o día, esixindo dende o primeiro minuto que a dirección do centro dera resposta ás súas demandas. Sen embargo o único que recibiron foi desprezo. A directora “invitounos” a marchar fora do instituto, a matricularse noutro centro, ou incluso ameazou coa perda do dereito á escolarización aos participantes. Este foi tan só o principio dunha serie de atropelos aos dereito democrático do alumnado (como o dereito á protesta).