Liberdade inmediata sen cargos para o detido

Na mañá de onte, antidisturbios da Policía Nacional desaloxaron e tapiaron o CSO Escarnio e Maldizer de Compostela. Nese centro, impartíanse de xeito desinteresado clases de distintos deportes e organizábanse actividades culturais. O propio concello afirma que o centro «non presenta ningún problema nin de convivencia nin de seguridade», o que fai ainda maís inxustificable o seu desaloxo.

Para protestar contra este feito, organizouse unha manifestación que foi brutalmente reprimida polos antidisturbios, empregando gases lacrimóxenos, pelotas de goma e porrazos contra os manifestantes. Un deles foi detido.

Dende o Sindicato de Estudantes queremos amosar o noso total rexeitamento a este desaloxo, así como a violencia policial contra os manifestantes. Esiximos a posta inmediata en liberdade do detido, libre de cargos.

Así mesmo esiximos espazos públicos para que a mocidade poda organizar libremente actividades de lecer e cultura.