27 de outubro Folga Xeral Estudantil • En defensa da nosa saúde mental!
Cartel · Folla · Comunicación oficial
Stop suicidios!
Contra a destrución da educación pública!
Millóns de mozas e mozos sufrimos unha epidemia de enfermidades mentais sen precedentes. Os trastornos de ansiedade e de conduta alimentaria, as depresións, unha taxa de suicidios insoportable (que alcanza unha media de 11 diarios), o elevadísimo consumo de psicofármacos… supoñen unha agresión inaceptable contra a mocidade.