http://sindicatodeestudiantes.org/images/fotosarticulos/mundo%20rojo.bmpO vindeiro 17 de maio, día das Letras Galegas, está convocada en Compostela unha manifestación en defensa do galego.
O Sindicato de Estudantes participará nela e animamos a todo o estudantado a acudir e participar na nosa faixa.

A falta de investimento está a provocar un claro retroceso da nosa lingua; retroceso especialmente dramático nas  ciudades do país. A  chegada do PP á Xunta vai supor unha aceleración deste retroceso. O propio Feijóo xa anunciou ataques ó galego, reflexando o histórico desprezo da dereita pola nosa lingua.

Dende o S.E anunciamos que loitaremos dende o primeiro día contra calquer ataque que intente lanzar o PP no terréo lingüístico, ducativo, social ou laboral. Defendemos medios económicos dabondo para garantir equipos de normalización lingüísitica de calidade en todos os centros de estudo, material audiovisual en galego, etc. Só a través dunha masiva  
inversión no idioma (cine, cómics, libros, música, etc, en galego) será posible revertir, paulatinamente, o retroceso da lingua.


-BASTA DE ATAQUES Ó GALEGO
-POR UN ENSINO PÚBLICO, GRATUITO, EN GALEGO, LAICO E DE CALIDADE
-OS CARTOS DOS CAPITALISTAS QUE SE EMPREGUEN EN POTENCIAR O GALEGO
TÓDO O MUNDO Á MANIFESTACIÓN DO 17 DE MAIO