O Domingo pasado, o colectivo Galicia Bilíngüe co apoio dos partidos PP, UPyD (coa súa lider, Rosa Díez á cabeza), Falange Auténtica e outros colectivos da dereita máis reaccionaria, levaron acabo unha manifestación en Santiago de Compostela, “en defensa do bilingüismo”.
Na práctica defenden a desparición do galego, e que o español sexa o idioma predominante e asoballador en tódolos ámbitos da sociedade galega. Todo isto nun contexto, no que o idioma galego está en retroceso, cunha perda progresiva de falantes, sobre todo entre os xóvenes, xa que é historicamente unha lingua desprestixiada e atacada pola clase dominante dende hai séculos, que podería causar a posíbel extinción do idioma senon se toman medidas.
A isto hai que engadir a discriminación nos postos de traballo a moitos traballadores ós que se lles “recomenda” usar só o castelán.
Nós non defendemos ningún tipo de imposición, tampouco de tipo lingüístico, pero o que sí defendemos é que o Goberno da Xunta de Galiza tome medidas para que o galego sexa unha lingua con prestixio, e que non desapareza, xa que é un dereito nacional básico o que un pobo poda expresarse en tódolos ámbitos na súa lengua.
O domingo, a policía nacional cos antidisturbios levou acabo unha represión brutal contra os que defendemos o galego e que participamos nunha contramanifestación. Esta contramanifestación foi convocada por colectivos do nacionalismo de esquerdas e do independentismo, en resposta á manifestación convocada por a dereita. Os afiliados do Sindicato de Estudantes participamos na contramanifestación, xa que non podemos tolerar que os sectores máis reaccionarios e fascistas fagan estas provocacións, contando ademáis coa permisibilidade e protección da Xunta e a subdelegación.
Na manifestación facha reunironse ao redor de 4000 persoas, según fontes policiais. Persoas chegadas dende todo o Estado, para asistir á mani en defensa do “bilingüismo”, mentres que reunímonos uns centos de xóvenes na contramani en defensa do galego. E foi nese momento cando comezaron as cargas policiais salvaxes sen que mediase ningún tipo de provocación por parte dos contramanifestantes.
Por suposto, a prensa doulle moita importancia a rotura de cristais e mobiliario na zona vella. Dende o S.E consideramos que esas acción minoritarias non favorecen e non serven para nada, pero o aspecto central foi que a policía levou acabo unha represión salvaxe e indiscriminada contra os contramanifestantes, absolutamente indefensos.
Ao mesmo tempo houbo unha concentración que parodiaba aos manifestantes fachas, tocando pasodobres e con persoas disfrazadas de Bispos, Gardas Civís... sempre vixiados polos antidisturbios que non nos permitían movernos e preparados para cargar en calquera momento.
Máis adiante, unha hora despois, a policía limitábanos a moitos dos xóvenes o acceso a determinadas rúas do casco vello, impedindo o acceso á Praza da Quintana, (onde remataba a mani da dereita), soamente por levar unha palestina ou por falar en galego!! Ademais de pedir os DNIs sen xustificación para ficharte, chegando incluso a cargar e fichar ao final aos propios asistentes da mani pacífica e festiva.
O saldo final foi a detención de 10 xóvenes que pasaron na Comisaría todo o día e a noite do domingo, saíndo ao día seguinte en liberdade con cargos, sendo moitos deles xóvenes estudantes universitarios que están en período de exames. Por iso dende o SE exisimos:
-Retirada inmediata dos cargos!
-Basta de prevocacións dereitistas!
Efrén Muñoz. Sindicato de Estudantes. Xeografía, USC