CORUÑA:
Xoves 29 de maio. Ás 17:00 horas
No IES Rafael Dieste ("Pavo" da ronda de outeiro)
(No salón de Actos)
LUGO:
Venres 30 de maio. Ás 17:00 horas
No IES Anxel Fole (rúa Ángelo Colocci, s/n)
Na aula de Dibuxo
Que está a pasar en Ucraína?
Se facemos caso ao que se nos di dende os medios de comunicación burgueses, é imposible comprender nada. Eles describen os acontecementos no país como un misterioso choque entre "prorrusos" e "proeuropeos", que non aclara nada.
O certo é que o pasado febreiro, Yanukovich, un oligarca corrupto, foi desaloxado do poder. Pero o novo Goberno que o substituíu é aínda máis reaccionario e antiobreiro. Nel hai membros da extrema dereita e neonazis. De feito, as bandas fascistas están a actuar con total impunidade. Recentemente incendiaron a Casa dos Sindicatos de Odessa, asasinando un centenar de persoas. E esta situación provocou unha auténtica insurrección popular no Sur e especialmente no Leste de Ucraína.
No Donetsk, en Slavyansk, Kramatorsk, Járkov, Odesa ou Mariupol, estanse a formar comités populares encabezados pola clase obreira, polos mineiros, por traballadores das industrias. Están creando "consellos das repúblicas populares" que nacidos ao calor da rebelión social controlan e dirixen todos os aspectos da vida local. A clase traballadora está en primeira liña: no Donetsk, onde hai 100.000 mineiros, 8.000 empresas declaráronse en folga indefinida.
Dende o Sindicato de Estudantes queremos dar a coñecer estes acontecementos revolucionarios, e discutir que leccións prácticas podemos extraer deles para loitar aquí e agora contra os ataques que tamén nós sufrimos por parte do Goberno e os capitalistas.
Acode ao acto público sobre a revolución no Leste de Ucraína!