Nela,
esixíase, principalmente, a inmediata reincorporación dos despedidos que
houbo
con motivo da folga polo convenio provincial do Metal en Pontevedra
entre maio
e xuño de 2009, pero tamén "que non se renegocie o convenio ás costas
dos
traballadores", como afirman desde a CIG. A folga foi convocada en
solitario
pola CIG, sindicato maioritario no Naval, que non asinou o acordo ó que
chegaron os dirixentes de UGT e CCOO coas patronais do sector e no que,
entre
outras cousas, asinaron a eliminación da Bolsa de Emprego, conquista
lograda
logo da folga polo convenio en 2006.
A Bolsa de Emprego supuña a regulación da contratación no sector,
controlada
polos sindicatos. Deste xeito, todo traballador que acabara contrato
nunha
empresa entraba na bolsa e volvería ser contratado por orde de entrada
na
mesma, co que se garantiría que o empresario non podería represaliar ós
traballadores máis "conflitivos", é dicir, ós máis combativos e
reivindicativos.
A convocatoria de folga desatou novamente a hostilidade da patronal e a prensa burguesa. Pero o máis desconcertante foi a oposición dos dirixentes de UGT e CCOO á mesma, con argumentos que en nada diferían ós dos empresarios, ademais de acusar á CIG de asinar tamén esa supresión da Bolsa, cando o que en realidade asinaron, segundo afirma a propia CIG, foi unha moratoria de 45 días.
Con todo isto, e a pesar da abusiva presenza policial (cacheos e
identificacións incluídas), o seguimento foi moi importante: un 80%,
segundo
afirma a CIG. A manifestación que percorreu as rúas de Vigo, fixo unha
parada
na acampada que teñen montada outros compañeiros despedidos do Naval.
Un mes acampados ante a Xunta
Xusto o día antes da folga estivemos charlando con algúns traballadores
da
Asemblea de parados do Naval, acampados desde o día 1 de marzo enfronte
do
edificio da Xunta en Vigo. Son uns 40 traballadores, aínda que polo día
hai
algún máis. A súa principal reivindicación é un posto de traballo, o cal
perderon coa "regulación" da contratación. Teñen a idea de estar
acampados permanentemente,
ata conseguir o seu obxectivo. Levan máis de 5 meses protestando, máis
de
30.000 panfletos repartidos entre a poboación viguesa, asembleas en
estaleiros
como Freire, Barreiras, Santo Domingo e peches pacíficos nos vestiarios
de
Barreiras, onde "a policía desaloxounos coma se fósemos terroristas".
Saben
perfectamente que non lles queda outro camiño que loitar porque como din
"o que
temos que perder levámolo posto; non imos pedir esmola porque temos un
oficio
(...) non imos parar".
Cada día que pasa son máis os compañeiros que deciden acampar con eles,
cousa
que causa preocupación entre as "autoridades" laborais, que esperaban
que a
iniciativa durase pouco tempo. Entre os apoios que reciben está o dos
delegados
sindicais da CIG e o de boa parte da poboación traballadora viguesa. De
feito,
moita xente achégase para mostrarlles apoio e tráenlles alimentos, que é
o
único que necesitan e piden para poder resistir acampados.
A razón pola que foron despedidos foi que "non había traballo", cousa
totalmente falsa porque como eles explican "mandan a casa a 30
compañeiros un
venres e o luns entran 50 traballadores estranxeiros". Por suposto, a
estes
traballadores explótanos sobremaneira, "cobran menos de 800 euros
incluíndo
pagas e extras, cando o soldo de oficial é de 1.300 euros; traballan
sábados e
domingos, 11 horas diarias", é dicir, "rozan a escravitude". Estes
negreiros
saben perfectamente as necesidades que teñen estas persoas, que ademais
de
cobrar menos, debido á súa situación, son menos "conflitivos". A
patronal trata
de tirar pola borda todas as conquistas históricas e introducir o veleno
do
racismo con respecto a eses compañeiros de fóra, ós que explotan
vilmente. Os
compañeiros da Asemblea de parados téñeno moi claro: "a culpa é do
empresario,
que aínda por encima de non cumprir o estipulado no convenio, quérennos
tachar
de racistas, pero diso nada, nós estamos protestando porque se nos
despediu", e
ademais, contratando a estes compañeiros tamén "están empeorando as
condicións
laborais dentro dos estaleiros", chegando ó momento ata de "controlar á
xente o
tempo de ir ó baño ou ata compañeiros que dormen nos coches ou nos
vestiarios".
Algo totalmente inhumano e que nos devolve ás condicións do século XIX.
Traballo hai, "Barreiras ten carga de traballo a tope ata 2013". Queda claro que os motivos dos despedimentos son de represión sindical, e non laborais. Saben que "hai listas negras da patronal" e eles están nelas.
O ambiente entre gran parte dos traballadores do sector "é de medo a
perder o
posto de traballo se protestan ou reivindican" e "debido ás represalias
que
toman os empresarios". Cóntannos, por exemplo, que "cando fomos a facer
unha
asemblea, houbo represión ó resto de traballadores; sacaron ata fotos
dos
compañeiros que asistían, que logo chegaron á dirección". A pesar de
todo, cara
a eles "hai un gran sentimento de solidariedade e compañeirismo; ata
cando
fomos a algunha fábrica a informar da nosa situación, moitos compañeiros
quixeron parar ese mesmo día".
Comentan que "nós queremos que isto sexa a chispa; hai 4 millóns de
parados,
que facemos en casa? Nós o que queremos é que a xente nos mire e diga:
por que
non?". Tamén opinan que "unha folga xeral sería ideal", pero "teñen que
involucrarse os sindicatos, eles teñen os medios". E aínda que non teñen
moita
confianza nas direccións de CCOO e UGT e son moi críticos co papel que
xogaron
en todo este conflito, teñen claro que "coa base de CCOO e UGT si hai
relación
de compañeirismo e solidariedade". En definitiva, que estes compañeiros
saben
perfectamente que non lles queda outra saída que loitar.
Desde o Militante desexámoslles éxito no seu obxectivo e querémoslles agradecer a súa amabilidade durante toda a charla. Pola nosa banda, estamos convosco, compañeiros.