HOXE ESTUDANTES, MAÑÁ TRABALLADORES
O pasado 8 de Maio, a policía atacou brutalmente ós traballadores do Metal en folga. Máis de 30 feridos foron resultado das cargas policiais indiscriminadas, e os pelotazos de goma. Parece que a Subdelegación do Goberno e a alcaldesa decidiron apoiar ós empresarios contra os obreiros e mandar os antidisturbios para esmagar a vontade de loita dos folguistas.
A maravillosa mobilización dos traballadores, con manifestacións en Vigo de 15.000 persoas, mozos das Compañías auxiliares principalmente, é totalmente alentadora para nós, os estudantes. De feito, para nós, o futuro desta loita é esencial. Moitos de nós traballaremos mañá precisamente nas Compañías Auxiliares. O Metal na provincia abrangue a 3.500 empresas, de xeito que sen dúbida é unha das principais saídas laborais para a mocidade da comarca viguesa.
E o certo é que hoxe as condicións ás que nos enfrontamos os mozos nas Compañías Auxiliares son lamentables: contratos de dous meses, chegas ós trinta anos sen nengún contrato fixo, tes que matarte a facer horas extras para acadar un salario decente, ritmos de traballo brutais, incumplimento do convenio, falta de condicións de seguridade, sen dereitos sindicais, pódenche botar á rúa cande lles pete…
E precisamente esta lota pretende facerlle fronte á precariedade laboral que padecemos os mozos nas Compañías. Por iso, o futuro desta loita aféctanos directamente. O que os obreiros consigan hoxe coa loita, será o que atoparemos mañá cando rematemos os estudos.
Se os traballadores do metal son derrotados, os postos de traballo que academos cando nos poñamos a traballar seguirán a caracterizarse pola sobreexplotación. Se os obreiros gañan, herdaremos mellores postos de traballo mañá. Xogámonos moito. Temos que loitar con eles.
Por isto, o Sindicato de Estudantes chámavos a secundar unha folga xeral no ensino para o vindeiro xoves.
¡VIVA A LOITA DOS TRABALLADORES DO METAL!
¡VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!
¡OBREIROS E ESTUDANTES UNIDOS E ADIANTE!
¡DEMISIÓN DOS RESPONSABLES DA BRUTAL CARGA POLICIAL!