Basta xa de agresións sexuais!
Mércores 17 de outubro ás 20h - Edificio da Xunta
O pasado 4 de outubro en Ferrol, unha rapaza foi asaltada na rúa por un individuo que a agrediu sexualmente. Grazas a intervención dunha veciña, o agresor tivo que cesar na súa agresión e fuxir. Este suceso non é, nin moito menos, un casa aillado. É a realidade á que día sI e día tamén, estamos expostas as mulleres.
As agresións sexuais son unha lacra noxenta produto dunha sociedade machista e patriarcal, que trata de converter ás mulleres nunha mercadoría.
Dende a plataforma feminista Libres e combativas –a plataforma do Sindicato de Estudantes e de Esquerda Revolucionaria- condenamos rotundamente esta agresión e queremos solidarizarnos coa vítima. E con ese fin, convocamos unha concentración en Ferrol o vindeiro mércores 17 de outubro, ás 20:00 diante do edificio da Xunta.
Non é un caso aillado, chámase patriarcado!
Ao volver a casa quero ser libre, non valente! Abonda xa de agresións sexuais!