As alumnas do ciclo de perruquería do IES Johan Carballeira de Bueu (Pontevedra), agrupadas en torno ao Sindicato de Estudantes (SE), queremos denunciar os seguintes feitos ocorridos cunha profesora do noso ciclo. As alumnas temos que sufrir as seguintes situación, que afectan decisivamente ao noso aprendizaxe:
-Inexistencia da programación da materia ou dunha guía de docencia mínima, que, en situación normal, debería estar lista e nas mans do alumnado desde o 30 de outubro.
-Trato vexatorio e que enrarece a situación nas aulas (malas palabras, paciencia nula, faltas de respecto sistemáticas, etc.), que está a repercutir na vida privada persoal das alumnas.
-Perda da avaliación continua ante faltas xustificadas (violación do dereito a folga, visitas ao médico, cuestión laborais, etc.)
Polos motivos anteriores, e máis, que son de coñecemento para calquera alumna do ciclo e para a dirección do centro, pero, que seguen sen chamar a atención da inspección, que xa estivo dúas veces no centro, e da que só obtemos silencio e inacción con frases abstractas, do tipo, “estamos trabajando en ello”, apelamos á solidariedade activa de todo o centro, entendendo que, ou ben nós mesmos nos sacamos as castañas do lume ou ninguén farao por nós.
Pedimos a vosa solidariedade. Imos empezar una recollida de sinaturas apoiando a convocatoria dunha asemblea de estudantes no centro, como punto de partida para medidas de loita máis contundentes, incluso chegando á convocatoria dunha folga estudantil.
Queremos estudar e recibir unha educación digna, non perder o tempo.
¡Por un trato digno e unha educación de calidade!
Sindicato de Estudantes do I.E.S Johan Carballeira