A proposta da Sucomisión de Humanidades, organismo dependente do Ministerio de Educación encargado de reformar os estudos superiores, prevé a desparición de 14 licenciaturas, entre elas Historia da Arte e as Filoloxías galega, vasca e catalana.

A proposta da Sucomisión de Humanidades, organismo dependente do Ministerio de Educación encargado de reformar os estudos superiores, prevé a desparición de 14 licenciaturas, entre elas Historia da Arte e as Filoloxías galega, vasca e catalana. A excusa é a adaptación ao Espazo Universitario Europeo ou Plan Boloña, que entraría en vigor no 2010. Así, a nosa licenciatura convertiríase nun postgrao, realizado tras obter o título de grao en Historia (3 anos) e pasar un exame. A duración dos estudos pasaría de 5 a 2 anos. Ademais, as taxas para acceder a este postgrao incrementaríanse ata acadar os 3000 euros. A nosa licenciatura quedaría convertida nunha especialización integrada na licenciatura de Historia, retrocedendo15 anos nos plans de estudo.
Na realidade, detrás desta “suposta” homologación europea agóchase un plan de privatización dos estudos universitarios, deteriorando a calidade da Universidade pública mediante a reducción de recursos. Nembargantes, os plans de reforma universitaria doutros países da Unión Europea sí que contemplan a permanencia dunha licenciatura completa de Historia da Arte. Ante este feito, os informes da Subcomisión inciden na falta de saídas laborais e no reducido número de alumnos das titulacións suprimidas. Estes argumentos son absolutamente falsos.

Por unha banda, na nosa icenciatura da USC entran cada ano máis de cen alumnos, nun incremento progresivo que leva a que superemos na actualidade, con 800 estudantes matriculados, a suma total de matriculados en Xeografía ou Historia na nosa facultade. Por outro lado, a nosa licenciatura é, dentro das Humanidades, unha das que presenta máis saídas laborais. A porcentaxe de licenciados que acadan un posto de traballo vencellado coa súa licenciatura acada entre o 60 e o 40%, cifras similares ás de Xornalismo, titulación que ninguén se prantexa suprimir. A demanda social de licenciados en Historia da Arte crece, cun amplo abano de campos: museos, centros de arte contemporánea, galerías, montaxe de exposicións, arquivos, conservación do patrimonio ou turismocultural. Non só non sobran licenciados, senón que se precisan aínda máis para poñer en valor o inmenso patrimonio artístico da nosa terra (moble, inmoble, musical ou cinematográfico), moito del oculto ou abandoado pola desidia das administración públicas. Namentras exista un retablo sen catalogar, unha instalación que montar, unha igrexa que restaurar ou un vello rollo cinematrográfico esquecido nun arquivo, necesitaránse licenciados en Historia da Arte. Asemade, a extensión dunha conciencia estética na sociedade frenaría o grave deterioro que ven padecendo nas últimas décadas a paisaxe humana de Galiza.

Existe, polo tanto, unha demanda social. ¿Por que entón se prantexa a desaparición da nosa licenciatura? A resposta podemos atopala na composición da famosa Subcomisión de Humanidades, onde predominan as universidades privadas e as organizacións relixiosas( dos sete rectores presentes, catro son da universidade privada e tres da pública). Coa supresión da licenciatura na universidade pública sairá gañando a universidade privada, que cubrirá a demanda social de titulados formados en Historia da Arte con masters e titulacións propias como Xestión do Patrimonio, que teñen unha matrícula de 6000 euros. Deste xeito, só os que sexan quen de pagar estes prezos poderán convertirse en profesionais cunha formación axeitada en Historia da Arte, frente ao sucedáneo que ofertará a pública. Pretenden facer negocio á nosa costa.
Por iso cómpre mobilizarse demandando ao governo que bote atrás esta proposta da Subcomisión “do PP” e manteña Historia da Arte como licenciatura completa, de 5 anos, na Universidade Pública. En caso contrario, debemos deixar claro que nos terá enfronte.Non podemos quedar de brazos cruzados, porque pasarán por riba de nós coa complacencia dos reitores, que hoxe protestan coa boca pequena pero que mañá nos venderán se poden, como se amosou coa LOU, que aínda está vixente.temos que confiar nas nosas propias forzas, non podemos delegar a nosa loita en institucións ou órganos que emitan protestas formais. A nosa presenza unida na rúa é a nosa mellor arma, a nosa maior fortaleza.

Hai que dar pasos adiante na mobilización en función da gravidade dos ataques, con concentracións, asembleas e recollida de sinaturas e, no caso de manterse a medida, preparar un outono quente na rúa, artellando ás distintas facultades do estado Español nunha mobilización conxunta que faga escoitar á nosa voz á sociedade. Ademais, cómpre confluir na loita con outras facultades afectadas por esta proposta, como Filoloxía ou Humanidades. Se compartimos un mesmo ataque temos que compartir a resposta. Hai que extender a loita, xuntos somos máis fortes!


-Non á reforma das Humanidades.
-Polo dereito a estudar a licenciatura de Historia da Arte na Universidade Pública.
-Non á privatización do ensino público.
-Por unha licenciatura de Historia da Arte de calidade. Máis recursos para a Universidade Pública.

-Por unhas prácticas renumeradas nos dous últimos anos de carreira
-Por unha maior inversión en libros na Biblioteca.
-Pola renovación de tódalas aulas.


En toda Europa estamos asistindo a un proceso de recurte do estado do Benestar. No terreo educativo isto concrétase na reducción do gasto público e os obstáculos para acceder ao ensino superior. No caso de Compostela atopamos dous bos exemplos desta política: a supresión de titulacións universitarias (Arte, Filoloxía galega, Óptica...) e encarecemento das taxas nas residencias universitarias.
Por unha banda, prevese que a reforma drástica do mapa de titulacións, que contempla a aplicación dunha nova estrutura que divide as carreiras en grao e postgrao, entre en vigor no 2007 (e non no 2010 como se plantexa na declaración de Boloña). A consecuencia desta reforma é a desaparición das licenciaturas antes mencionadas, e a súa conversión en “postgraos” elitistas, homologables a Másters. Algúns Másters chegan na actualidades aos 6.000 euros na universidade pública.
Por outra banda, o vindeiro curso, sorpresivamente, os residentes do S.U.R (Servizo Universitario de Residencias) que perciban unha bolsa da convocatoria xeral do Ministerio de Educación e Ciencia, terán que pagar obrigatoriamente a cota F, a máis alta (máis de 200 euros) ou renunciar á bolsa. Medida que se engade á drástica suba que veñen experimentando nos últimos anos as taxas do S.U.R (dun 13% o curso pasado).
As consecuencias desta situación en Compostela van ser a restricción no acceso á universidade para os estudantes con menos recursos, quen non poderán nin pagar o “postgrao”, nin acceder ó S.U.R

Preprar o terreo cara outono

As mobilización das últimas semanas amosaron que existe ambente combativo e non de resignación contra estas medidas. As masivas concentracións diante de Historia e o exitoso enterro simbólico da Universidade pública refrexan a disposición dos estudantes á loita. E todo isto, en medio do período de exames.
O que cómpre agora é dotar á mobilización dunha estratexia clara. Temos que ser conscentes de que agora, inevitablemente a mobilización vai parar. As datas non permiten outra cousa. Temos que preparar as forzas para outono. Nembargantes, ainda quedan cousas que facer, como informar masivamente ós estudantes e preparar o ambente para o vindeiro curso.

En primeiro lugar temos que dotar ao movemento dun obxetivo claro: a mobilización ten que loitar pola derogación da contrarreforma dos estudos universitarios, inspirada na Declaración de Boloña. Non abonda con loitar contra a desaparición de determinadas carreiras. O problema é a nova estrutura que establece o grao e postgrao, a privatización dos estudos universitarios A saída non é unha licenciatura de grao para Historia da Arte (3 ou 4 anos), senón, impedir a implantación desta nova estrutura.


Unificar e estender a loita

En Compostela hai varias titulacións ameazadas. O primeiro paso é unificar a resposta. Non ten senso unha loita de cada facultade pola súa conta, cando que o ataque é o mesmo. Esa ten que ser a primeira tarefa.
Ao mesmo tempo é preciso poñernos en contacto coas outras universidades galegas afectadas (Ciencias do mar e peritos en Vigo, Filoloxía galega na Coruña, Humanidades en Ferrol e Lugo...) para unificar a loita.
Estes pasos teñen que ir enfocados cara a convocatoria dunha folga estatal de todo o ensino, superior e medio, que prante cara ao Governo.
Tamén, sobre todo con vistas a outono, cómpre estender o conflito fóra da universidade. É preciso que a situación que atravesa a universidade sexa coñecida por toda a sociedade, procurando o máis amplo apoio social ás nosas reivindicacións. Neste senso sería útil, aproveitando as concentracións de estudantes, que estes espallen a información por toda Compostela (recollida de sinaturas por comercios, mercados, bares, pedir resolucións de apoio aos sindicatos e partidos de esquedas, esixir ao concello que envíe resolución de protesta ao Ministerio de Educación...). O obxetivo disto é xerar un estado de ánimo na cidade similar ao que había coa LOU.

Organizar a Loita

As asembleas de facultades e residencias universitarias (no caso do conflito no SUR) son un grande paso adiante para organizar a resposta a esta agresión. Pero lamentablemente non todos os estudantes poden participaren do mesmo xeito na preparación da mobilización.
Por iso, coidamos que a forma máis eficaz e democrática de organizar a loita é a traverso da elección dun COMITÉ DE LOITA para cada facultade afectada ou residencia.
A función deste comité é a de levar á asemblea un plan de acción elaborado, e una estratexia definida. Isto evitaría improvisacións e aforraría moito tempo. Por suposto, é a asemblea a que ten que tomar a decisión de aprobar ou non eses plans.
Este comité terá que ser revocábel en calquera intre pola asemblea e deberá rendir contas da súa actuación ante a asemblea.

Táboa reivindicativa:

-Non ao Plan Boloña
-Non a privatización da Universidade
-Non ó novo mapa de titulacions
-Polo dereito a estudar Historia da Arte (e o resto de titulacions ameazadas) na universidade pública
-Non á incompatibilidade de bolsa e cota baixa na S.U.R.
-Non á privatización do SUR
-Prazas dabondo para todolos estudantes nas residencias públicas.
-Máis investimento na universidade pública
-Si que hai recursos: Por un imposto que grave dabondo ás grandes fortunas para financiar o ensino público.