Unha conquista histórica como o dereito a ter unha educación de calidade para os fillos dos traballadores está en perigo. Este ano despedíronse a 1.000 profesores en Galiza e 15.000 no conxunto do estado. Esta medida xa está a ter efectos concretos.
Os estudantes do IES nº 1 de Ribeira, infórmannos de que lles eliminaron todas as excursións, debido o decreto da Xunta que amplía as horas lectivas do profesorado (e que polo tanto as recorta de outras cousas como clases de reforzo, desdobres ou excursións). Os estudantes do IES Santa Irene de Vigo infórmannos de que teñen aulas con 36 alumnos e de que faltan multitude de optativas por falta de profesorado.
Os estudantes estamos xa a padecer a batería de ataques: recorte de profesores, recorte de bolsas, redución do orzamento dos centros, falta de material (informático, etc), masificación…
E estes ataques son só o principio. Tralas eleccións do 20 de Novembro, o Goberno que saia elixido vai intentar recortar ata o oso o gasto educativo. Non podemos permitilo. Está en xogo o noso dereito a ter unha educación digna.
Como sabedes, o día 17 de novembro varias localidades van á folga, coincidindo cos profesores (Madrid, Catalunya…) e noutras vai confluir o ensino medio e o superior (Sevilla, Valencia…). No caso de Galiza queremos sumarnos tamén a estas mobilizacións.
Dende o sindicato de Estudantes chamamos a tódolos estudantes a parar as aulas e a acudir ás concentracións convocadas en Vigo e A Coruña.
Vigo: concentración ás 12:00 fronte o museo MARCO
Coruña: concentración ás 12:00 na Praza de Pontevedra.
No resto de concellos plantexamos que en cada centro de estudo sexades vós os que decidades qué forma darlle á xornada de mobilización. Cremos que unha boa idea sería organizar paros dunha hora, ás doce, con concentracións no centro de estudo.
Algunha das suxestións que vos facemos son as seguintes:
1-Imprimir, fotocopiar e repartir a folla da convocatoria.(que adxuntamos)
2-Para facer as fotocopias, pódese facer unha colecta entre os estudantes e pedir apoio económico ó profesorado e as APAS.
3-Convocar unha asemblea de estudantes onde se discutan os ataques educativos.
4-Nesa mesma asemblea propoñemos que se vote facer o paro ás 12 o día 17
5-Facer unha pancarta para levar na concentración.
6-O día 17, na concentración no centro de estudo, plantexamos que tanto alumnos como pais e profesores podan falar e explicar como están afectando os recortes nese centro.
7-cremos que unha boa idea sería aproveitar a concentración para votar unha resolución esixindo aos sindicatos do profesorado que convoquen unha folga xeral estatal de toda a comunidade educativa inmediatamente despois das eleccións, para deixar claro a nosa decisión de loitar contra calquera ataque que o próximo Goberno queira plantexar.
8-Facer unha foto da concentración para que subamos inmediatamente á web.
Por último, animámovos a afiliarvos ó Sindicato de Estudantes e a formar o S.E nos vosos centros de estudo. Estar organizados é a mellor maneira de prepararnos para frear os ataques que xa están enriba da mesa e os que están por vir.
Animámovos tamén a que nos enviades todas as acción que decidades levar a cabo o dia 17, para poder subilas á web.