Centos de mozos e traballadores da capital galega e do rural asistiron á manifestación e corearon con forza consignas como “o tren é noso e non dos poderosos” e “os cartos do banqueiro para o tren dos obreiros”. As consignas, marcadamente de clase , reflicten unha realidade: que a os máximos afectados pola eliminación do tren son traballadores e fillos de traballadores do rural, que perderían un medio de transporte esencial para acudir ós seus postos de traballo e estudo. É inaceptábel que o goberno central, que se reclama de esquerdas, ataque precisamente e estes sectores socias.
Dende hai dous meses, o Sindicato de Estudantes leva repartindo milleiros de octavillas e pegando carteis en Compostela, para explicar este ataque e formar comités de estudantes en defensa do tren rexional. Queremos agradecer ós universitarios composteláns a súa magnifica asistencia á manifestación do pasado 7 de maio.
A loita serve
A presión exercida na rúa empeza a dar os seus primeiros froitos: a dirección do BNG, quen ata momento non tiña tomado cartas no asunto, presentou unha pregunta parlamentario no parlamento estatal sobre a desaparición do rexional. Pola súa banda, Touriño expresou tamén no parlamento galego a necesidade dun incremento orzamentario, por parte de Fomento, do diñeiro adicado ós trens galegos. Todo isto é un paso adiante, pero segue a ser absolutamente insuficiente: PSdeG, BNG e a Xunta, téñense que opor decisivamente ó desmantelamento do tren rexional.
Pola súa banda, as direccións sindicais de CC.OO, UXT e a CIG teñen a obriga de encabezar esta loita, que afecta a milleiros de traballadores do rural. Ata o momento, os dirixentes sindicais, malia as reiteradas xuntanzas e peticións de apoio por parte da plataforma “salvemos o tren”, non ten respondido. Tan só CC.OO enviou un comunicado de prensa de apoio á manifestación de Compostela, pero isto é totalmente insuficiente.
Reiteramos o noso chamamento ós dirixentes sindicais para que encabecen esta xusta reivindicación!! Nas súas mans está a capacidade de frear este inaceptábel ataque.
Como seguinte paso, dende o S.E propoñemos a convocatoria dunha folga de condutores e revisores do tren Rexional, xa que a eliminación deste, vai provocar a desaparición de postos de traballo. Ós dirixentes sindicais correspóndelles esta tarefa.
Por último, queremos dirixirnos tamén á dirección nacional da organización estudantil CAF para volver a plantexarlle que se sume á plataforma “salvemos o tren”. Creemos que a dirección da organización comete un grande erro desvinculándose desta reivindicación. Facemos un chamamento compañeiro ós militantes combativos de CAF para que lle esixan a súa dirección a volta á política combativa que mantiveron no pasado.
Estamos firmemente convencidos da posibilidade de gañar esta loita. Derrotamos a Fraga para ter unha política diferente. Se a nova Xunta non quere defraudar á sua base social, debe facer unha política realmente de esquerdas. Se non é así, os estudantes e os traballadores mobilizarémonos para obrigarlle a elo.
Non a desaparición do tren rexional!
Transporte público para traballadores e estudantes!
Se non hai cartos, que paguen os grandes empresarios!
CC.OO,UGT e CIG ten que involucrarse nesta loita!