O pasado día 12, María San Gil, presidenta do PP de Euskadi, ocodía á Facultade de Económicas de Compostela, convidada pola decana desta facultade, Maria Teresa Cancelo, para dar unha charla sobre “a muller”, ou máis exactamente, para espallar a súa basura reaccionaria e españolista. Ante isto, un grupo de estudantes convocaron un acto de protesta na sua chegada e saída.
A prensa e os medios de comunicación burgueses desataron de inmediato unha vaga de manipulación dos feitos, presentando os estudantes, coma xa ven sendo habitual, como filoterroristas, que intentaron agredir a esta “gran demócrata”, e mesmo pedindo a ilegalización da organización independentista Agir.
Dende o Sindicato de Estudantes denunciamos a invitación por parte da decana á universidade pública (financiada polos traballadores) de María San Gil, pilar do españolismo máis fanático en Euskal Herría, impulsora da ilegalización da esquerda Abertxale (baixo a máxima do “Todo é ETA”) e defensora dos intereses dos grandes banqueiros e capitalistas bascos e españois.
Comprendemos e compartimos o odio que a mocidade sinte contra esta banda de reaccionarios, os representantes máis claros dos nosos inimigos de clase. Un odio que por outra banda reflexa tamén a crecente polarización política co crecente odio por parte da mocidade e os traballadores á dereita, que quitouse xa a careta e se mostra tal e como sempre foi.
Dende o Sindicato de Estudantes solidarizámosnos cos mozos detidos e esiximos a sua inmediata exculpación total e a demisión da decana de Económicas.
Lamentamos profundamente o papel xogado pola dirección socialdemócrata do PSdG e o BNG, cedendo as presións reaccionarias en vez de impedir o acto da extrema dereita na universidade pública, á que asistimos os fillos dos traballadores.
Basta de represión contra a mocidade!
Demisión da decana de Económicas!
Liberdade inmediata para todos os detidos!
Ningunha sanción contra os estudantes!