Finalmente, os caquiques ben pagados do decanato, impuxeron o seu plano, por un estreito marxe de dous votos (19 contra 17).

Crónica dunha xigantesca cacicada

Finalmente, os caquiques ben pagados do decanato, impuxeron o seu plano, por un estreito marxe de dous votos (19 contra 17). O xoves pola noite, cando se soubo a nova, a rabia dos estudantes estoupou. Moitos choraban de impotencia e berraban con tódalas súas forzas. Pero o comportamento dos alumnos durante estes 5 días de folga foi exemplar: todo un exemplo de combatividade e abnegación. Parabéns, compañeiros!!
A aprobación do novo plano de estudos estivo precedida por unha repugnante campaña de mentiras, manobras, presións e xogo sucio. Baste lembrar a mentira, logo destapada da “imposibilidade de estudar o posgrao de xestión pública de A Coruña para os estudantes da USC” que difundiu a decana. A ocultación do procedemento e das datas de aprobación, a elaboración en dous días do novo plano (sen contar nin con alumnos nin con profesores), as presións e ameazas sobre profesores para que votasen a favor do plano, foron a estratexia escollida polo equipo decanal. E por suposto, tamén contaron coa colaboración cómplice e totalmente ilexítima da organización de dereitas Prologos. Arturo Casal, dirixente desa asociación fantasma e militante do PP, leva varios días escondido como un rato. E lle convén seguir así.
O colmo da desvergoña chegou cando recorreron ós “representantes” de alumnos en funcións, e non ós elixidos maioritariamente o mércores nas elecións a Xunta de facultade, para aprobar o plano. Nin Fraga chegaría tan lonxe. Nieves Lagares ten que dimitir inmediatamente, polo seu máis absoluto desprezo á democracia. É repugnante o desprezo amosado cara a opinión obsolutamente maioritaria do estudantado. Nas anteriores eleccións a Xunta de facultade votou apenas o 10% dos alumnos. Nestas votaron o 35%. E desta volta, a votación tiña por obxetivo posicionarse con respeito ó novo Plano. Prologos perdeu totalmente a súa representación!. Malia isto, o decanato apurou as datas para que os novos representantes de alumnos, todos contrarios ó plano, non puideran tomar posesión dos seus cargos. A vileza do decanato non coñece límites.

Como seguir

O plano se aprobou. Pero é un plano absolutamente deslexitimizado, como nunca o fora outro. Perdimos unha batalla, pero en absoluto a guerra. Quedan agora multitude de trámites para a súa aprobación definitiva. Continuar coas mobilizacións na facultade pode lograr, sen dúbida, a sua paralización.
Pero hai que preparar ben a estratexia. O Reitorado tenta impedir unha resposta unificada de toda a USC, atacando facultade a facultade. Temos que rachar coa súa estratexia!!!
Dende logo, loitando facultade a facultade temos as de perder. Hoxe queren aprobar o plano en Políticas, pero mañá serán as demais facultades. Temos que loitar todos unidos!
Dende hoxe temos que empezar a preparar unha folga xeral en toda a USC contra a aplicación dos plans de Boloña. Ese é o punto central. Os estudantes de CC.PP estamos a vangarda da loita nestes momentos. Temos que volver ó resto de facultades e plantexarlles unha data concreta de mobilización. Pensamos que unha boa data sería o martes 15 de Xaneiro.
Xunto con isto, temos que meter unha enorme presión sobre os dirixentes da esquerda política e sindical. Temos que forzar ó BNG e o PSdG e os dirixentes sindicais a posicionarse. Se din que nos apoian, deben mobilizar á súa base contra Boloña e apoiarnos economicamente. Se din que están en contra, xa sabemos contra quen dirixir tamén as nosas mobilizacións.
Se aplican Boloña, milleiros de fillos de traballadores non poderemos estudar. Pero ainda podemos gañar. Mais a vitoria pasa pola extensión da loita e por gañar as simpatías da clase traballadora. Todos os nosos esforzos teñen que ir dirixidos nesa direción. Adiante compañeiros!

Nieves Lagares demisión!
Retirada inmediata do novo plano!
Paralización dos Plans de Boloña!
Por unha folga xeral contra Boloña de toda a USC!