Os últimos acontecementos, como a folga do día 31, demostraron a disposición do estudantado a mobilizarse. Tras un mes de discusión, urxe saír á rúa xa. Non podemos deixar pasar máis tempo. Dende o Sindicato de Estudantes propoñemos a convocatoria dunha folga xeral en Ensino Medio e Universidade para o mércores 28 de novembro.
Queremos propoñer a toda a esquerda, ás diferentes asembleas de facultade e ós CAF, unha convocatoria unitaria para esa data. Pola nosa banda, comprometémonos a sacar á rúa ó estudantado de Ensino Medio.
A nosa organización leva un mes plantexando a necesidade dun plan de mobilización firme, extensivo, in crescendo e que busque o apoio activo do movemento obreiro, presionando ás dirección políticas e sindicaís da esquerda para que nos apoien. Non podemos esperar máis. O Plan Boloña xa se está a aplicar en varias facultades e supón un auténtico mazazo para os estudantes fillos de traballadores. Hai que loitar xa.
Xuntanza Xeral de estudantes de Ensino Medio e Universidade, para prepara-la folga,
o Martes 13, ás 18:00 na Facultade de Xeografía e Historia - aula 12
Á folga xa!