http://sindicatodeestudiantes.net/images/fotosarticulos/no_racismo.jpg

A Consellería de Educación da Xunta do PP ven de ratificar a decisión do Consello Escolar dun colexio de primaria de Arteixo (A Coruña) de sancionar a unha rapaza con máis de tres días de expulsión polo simple feito de levar o “hijab” ou veo islámico. Segundo a Xunta, a decisión do centro non vulnera ningunha lei  porque a normativa do centro obriga a levar nas aulas a cabeza descuberta,  ainda que noutros centros de Galiza a propia normativa indica que pódese levar a cabeza cuberta cando é por motivos relixiosos. A situación e idéntica a que xa aconteceu en Pozuelo (Madrid), onde a o PP de Esperanza Aguirre permitiu que a rapaza Naiwa Mahla tivera que cambiarse de instituto pola mesma razón.

A actitude da dereita e profundamente demagóxica e xenófoba. A mesma dereita que  non ve ningún problema en expulsar a rapaza,  subvenciona a colexios católicos onde as monxas van con veo e oponse rotundamente a retirada de símbolos relixiosos dos colexios públicos.
Demagóxicamente critican o veo como unha imposición paterna ó mesmo tempo que defenden o dereito dos pais a impoñer a relixión aos seus fillos cando os levan a colexios católicos que ademais se financian cos nosos impostos. A conclusión é clara: para a dereita do PP o catolicismo é  a “relixión natural de España”  e o islam é una relixión bárbara, violenta e machista que hai que combater, coma se igrexa católica non dea mostras dabondo de machismo e intolerancia tódolos días.
Dende o Sindicato de Estudantes opoñémonos a que a rapaza sexa sancionada ou teña que cambiar de centro, como nos opoñemos a calquera tipo de discriminación por motivos relixiosos, raciais  ou nacionais. Isto non entra en contradicción con defender unha educación pública e laica, xa que o feito de que un alumno leve símbolos relixiosos ou non, entra dentro da liberdade individual. A expulsión desta rapaza vai en contra do dereito á educación e só serve para xerar problemas de convivencia  onde non os había, dificulta a integración dos inmigrantes e a fomenta a división  en liñas culturáis da clase traballadora, o cal só beneficia aos empresarios.

 

-Retirada inmediata da sanción contra esta estudante!
-Demisión da dirección do CEIP de Arteixo!
-Basta de ataques por parte da Consellería de educación!

 

http://www.sindicatodeestudiantes.net/index.php?option=com_content&view=article&id=600:polemica-sobre-la-prohibicion-del-hiyab-la-derecha-lanza-otra-campana-racista&catid=46&Itemid=62