http://sindicatodeestudiantes.net/images/fotosarticulos/santiago.jpgSempre  insistese en que para gañar unhas eleccións hai que gañar o voto do “centro”, o que é totalmente falso.  E tamén afirmase que para lograr ese obxectivo é necesario moderar o discurso para non asustar a ese suposto “centro”.

O Sindicato de Estudantes demostrou que unha linguaxe clara, seria, pero ó mesmo tempo que expoña un programa revolucionario é útil ata no difícil terreo electoral.
Ante as eleccións ó claustro da USC celebradas o pasado 5 de maio, o S.E levou a cabo unha intensa campaña electoral. A nosa propaganda finalizaba coas seguintes palabras:

“O Sindicato de Estudantes fala claro: non somos o sindicato de todos os estudantes, non somos o sindicato dos fillos dos ricos; somos o sindicato dos fillos dos traballadores”.

E os nosos excelentes resultados demostran que soubemos conectar co san sentimento de clase dos estudantes de familias obreiras. Obtivemos 9 claustrais, revalidando a nosa posición como segunda forza por número de claustrais na USC, só por detrás de Comités.

Os nosos excelentes resultados foron o produto de moitos anos de traballo na USC defendendo consecuentemente os intereses dos fillos dos traballadores. Desde as anteriores eleccións protagonizamos tres folgas xerais na USC contra a aplicación dos reaccionarios plans de Boloña (22 de outubro de 2008, 13 de novembro de 2008 e 4 de marzo de 2009).

Recentemente impulsamos tamén a folga na Facultade de Historia en contra do novo CAP, que obstaculiza o acceso á docencia para a inmensa maior parte do estudantado. Fai tan só uns días levamos a cabo unha nova semana do marxismo na USC para pór a disposición do estudantado as ideas do socialismo revolucionario.
Estas actividadades (que non son máis que unha pequena mostra de todo o traballo realizado) provocaron que a nosa organización se faga un importante oco na USC.

A nosa evolución en número de claustrais nos últimos anos é tamén o reflexo da progresiva simpatía que fomos consquistando:

Ano                   2000    2002    2004    2006    2008    2010
Nº de claustrais    1           1        2         4         7          9

Utilizaremos estes nove claustrais no claustro para loitar contra os plans da dereita para recortar o gasto público na universidade e por aumentar drasticamente os prezos da matrícula. Tamén loitaremos por impedir que sigan dificultando o acceso dos fillos dos traballadores ó ensino superior
Pero tamén somos plenemente conscientes de que nunha institución antidemocrática como o claustro non poderemos arrincar ningunha conquista fundamental.
É absolutamente imprenscindíbel contruir o Sindicato de Estudantes en todas e cada unha das facultades da USC para poder facer fronte en boas condicións ós ataques que están xa encima da mesa e ós que se aveciñan.
Afiliate e loita connosco!