Esta tarde a policía entrou na facultade de historia para disolver os piquetes informativos. Identificou a algúns dos componentes do piquete, entre eles a varios afiliados do Sindicato de Estudantes e amenazou con poñerlles unha multa de 2.000 euros.
É un acto sen precedentes que a policía entre na facultade para disolver un piquete pacífico.
O rector e o decano da facultade teñen que esixir de xeito inmediato explicacións á subdelegación do goberno por este atropello e esixir desculpas públicas e a retirada de calquera sanción
Este acto de represión non logrou empañar o gran éxito da xornada de folga en Historia, que paralizou o 100% das aulas, algo que non aconteceu en anos na facultade.
Continuemos a loita contra o Master Docente!
Estendamos a folga!
Estendamos a folga!