http://sindicatodeestudiantes.net/images/fotosarticulos/santiago.jpg
O Master do profesorado é o sustituto do xa extinto Curso de Aptitude Pedagóxica ou CAP. Este máster é obrigatorio para poder exercer a docencia xa que é esixido para presentarse ás oposicións de mestre.

A ensinanza é a opción máis empregada polos licenciados da nosa facultade tendo en conta as escasísimas posibilidades que temos para acceder ao mercado laboral.

Sen embargo, este novo posgrao supón bloquearmos case totalmente o acceso a un emprego, por dous motivos principais: as ínfimas prazas ofertadas (20 por  ano para todas as Humanidades), e o elevadísimo prezo do mesmo triplicando ao do antigo CAP (oscilará entre os 830 e 1750 euros segundo Universidade e CCAA).

Concretamente, neste ano, menos dunha dúcia de licenciados en Historia puideron ter aceso ao posgrao e só unha praza para Xeografía. Por se fora pouco, con estes criterios de selección, tendo unha media menor ao sobresaliente, será case imposible entrar no Máster.

As decisións da Asemblea

O pasado Mércores 17 o Sindicato de Estudantes convocou unha Asemblea de Estudantes da facultade, onde se congregaron un número importante de estudantes e á que asistiron tamén  membros de tódalas organizacións estudantís de esquerdas con presenza en Historia.

Tras discutir este ataque brutal, a asemblea votou un plan de acción contra a aplicación do Máster na nosa facultade, como primeiro paso para a extensión da protesta a toda a USC. Por maioría decidíuse comezar cunha folga e manifestación o próximo Martes 23 de Marzo na nosa facultade, esixindo que o novo Posgrao Docente teña prazas libres e sexa totalmente gratuíto. Ademáis, no final da manifestación, no Parlamento, como medida de presión, farase entrega de sinaturas contra a ilegalidade do Mestrado, ante o Valedor do Pobo.

As nosas reivindicacións e propostas

Dende o Sindicato de Estudantes, consideramos que a aplicación deste novo CAP está totalmente vencellado á aplicación dos Plans de Boloña. O obxetivo estratéxico de dito plan é o de recortar drásticamente o gasto educativo, sobre a base de pechar o acceso á universidade para os fillos dos traballadores. O posgrao (imprescindible para aceder a un posto de traballo decente) xa está a ter prezos inasumibles para as familias traballadoras. É dicir: se queres estudos, paga. Trátase de voltar os vellos tempos onde só estudaban os fillos dos ricos.

Para a burguesía non é rentable que o Estado invista cartos en “pagar” carreiras de humanidades. Eles precisan unha porcentaxe de técnicos e despois un grande exército de man de obra non cualificada e barata. A sua forma de pensar é: “¿para que queremos licenciados en Historia que despois traballen de administrativos ou na hostalería?. Para iso basta con que teñan a a ESO”. Co novo CAP, pretenden desanimar e que caia enormemente o número de novos matriculados en Historia.

Temos que atallar o problema de raíz, e xunto coa esixencia de prazas ilimitadas e gratuitas para o curso de acceso á docencia, esixir a paralización inmediata do reaccionario Plan Boloña.

Temos que aproveitar as eleccións ao claustro para esixir aos distintos candidatos a reitor que se posicionen sobre este asunto.
Outro obxetivo importante é plantexar o apoio dos dirixentes sindicáis de CIG, CC.OO, UGT e STEG, ás nosas demandas.
Dende o SE estamos a propoñer a convocatoria dunha segunda folga, tras semana santa, que abarque a tódalas facultades afectadas polo novo CAP, como preparación dunha folga contra Boloña en toda a USC.

TODOS A FOLGA E A MANIFESTACIÓN O MARTES 23
NON AO NOVO CAP
PRAZAS SEN LÍMITE E GRATUITAS PARA ACCEDER Á DOCENCIA
NON A BOLOÑA
OS CARTOS DOS BANQUEIROS PARA O ENSINO PÚBLICO
 
Tlf Galiza: 981/563100, ext. 12867 e 675952798