http://sindicatodeestudiantes.net/images/fotosarticulos/logose_galego_color.jpgO vindeiro martes 23 de marzo, folga xeral de estudantes contra o novo CAP

Onte, a asemblea de estudantes celebrada en Historia, convocada polo sindicato de Estudantes, aprobou a convocatoria de folga xeral en protesta pola aplicación do novo Master docente (que subtitúe ó antigo CAP), para o vindeiro martes.

A asemblea aprobou ademáis a formación de piquetes mañá e tarde e a realización dunha manifestación ás 12 da mañá ese dia, dende Historia ata o parlamento de Galiza. Na mesma, foi elexido por votación un comité de folga  un comité organizador.

O sindicato de estudantes propuso a convocatoria desta folga, como forma de uclear ó estudantado de historia e como primeiro paso dun plan máis amplo de folgas que sume ó resto de facultades afectadas polo novo CAP e o conxunto da USC.

Acode á manifestación, participa nos piquetes! Podemos parar este ataque!

-Non ó novo CAP!
-Non ós plans de Boloña
-Prazas ilimitadas e gratuitas para o curso de adaptación pedagóxica.