Este informe recolle como proposta a inclusión no curso 2006-07 dunha proba oral de lingua extranxeira en Selectividade, argumentando que os estudantes son incapaces de comprender ou falar en inglés adecuadamente.
A presentación do informe de selectividade 2005-2006 da Comisión Interuniversitaria Galega (CiUG), resulta inaceptábel para nós.
Este informe recolle como proposta a inclusión no curso 2006-07 dunha proba oral de lingua extranxeira en Selectividade, argumentando que os estudantes son incapaces de comprender ou falar en inglés adecuadamente.
Dende o Sindicato de Estudantes esiximos que a xunta faga caso omiso a este informe, xa que o que se está a plantexar é unha L.O.C.E. con vaselina. A antiga lei, que en contra da maioría da comunidade educativa foi aprobada polo PP, plantexaba unha proba oral de lingua estranxeira. O obxetivo non era de tipo educativo, senón ecónomico. O PP, consciente das deficiencias da escola pública en materia de lingua estranxeira (falta de material, masificación, falta de tempo para impartiren toda a materia), conseguiría así poñer un filtro máis na selectividade, filtrando por unha banda aos estudantes con menos recursos que non puideran pagarse academias privadas ou ir a estudar ó estranxeiro, mentres por outra permitiríalles reducir o numero de plazas na universidade e, polo tanto, a inversión en educación.
Aínda que este informe plantexa que o primeiro ano non puntuaría e durante tres ou catro anos só serviría para subi-la nota, a medida supón un paso adiante para a privatización e elitización da universidade. Esta última medida parece claramente encamiñada a dividir e tranquilizar aos estudantes que aínda teñen fresca na súa cabeza a loita contra esta mesma medida que impuxo o partido popular, partindo do suposto de que tardará en contar á baixa.
O problema do fracaso da asignatura de lingua estranxeira é ecónomico e non o van a solucionar as trabas disfrazadas de exames para mellorar o ensino . Con unha auténtica inversión en educación pública, elevando o presuposto estatal ao 7% do P.I.B e con un Plan Extraordinario de Inversión de 6.000 millóns de euros en educación pública, poderíase garantizar:
1º Unha diminución do ratio de alumnos por aula que facilitaría a comprensión oral e a atención individual dos alumnos.
2º A contratación de profesores de lingua estranxeira para dar clases gratuitas nos centros pola tarde e en vacacións
3º A Adquisición de novo material audiovisual e de texto e a adquisición de programas multimedia.
O goberno PSdeG-BNG debe recordar que chegou ao poder pola mobilización de estudantes e traballadores contra a politica de Fraga e Aznar e ten que facer unha politica en beneficio destes. Esiximos que non acepte estas sugerencias.
Executiva Galega do Sindicato de Estudantes