http://sindicatodeestudiantes.org/images/fotosarticulos/manifestacion-gallegodn.jpgHai que plantar cara aos ataques de Feijoo!!

O pasado 1 de Maio, o PP voltaba de novo ao poder en Galiza tras 4 anos de Goberno PSOE-BNG. O PP chegou ao goberno grazas á desmobilicación da esquerda, que se abstivo de votar por mor do descontento existente co goberno bipartito.

Nada máis chegar ao goberno Feijóo xa anunciou que ía aplicar unha política de austeridade. Esta tipo de política como todos sabemos consiste en aplicar recortes sociais en todos os ámbitos.

Neste senso, a educación estivo sempre no ollo do furacán. Feijóo xa advirtira a intención de eliminar o Decreto do Galego no Ensino Medio (un decreto creado polo goberno Fraga que obrigaba a impartir o 50% das asignaturas en galego) en canto chegara á Xunta. A intención do PP era contentar á súa base social máis rancia que esixía a fin do que eles chamaban “imposición do galego”.

Porén, a mobilización do diá 17 de Maio, con decenas de miles de persoas na rúa, conseguíu paralizar os plans de Feijóo. Pero isto non quere dicir que a idea de atacar ao idioma galego non continúe enriba da mesa.

O PP estivo a traballar durante o verán nunha serie de ataques co fin de evitar a mobilización da comunidade educativa. Para comezar, este ano eliminaron 18 escolas unitarias do rural, co fin claro de reducir profesorado e investimentos. Ademáis reduciron o número de profesores interinos en 458. Por outra banda o goberno xa eliminou das Escolas Oficiais de Idiomas 35 prazas de profesores das 482 existentes.

A Xunta está ademáis a enviar cartas ás dirección dos centros para que ante a crise e o recorte presupostario  se “apreten o cinto” en gastos correntes coma calefacción e electricidade. Isto resulta escandaloso, sobre todo cando paralelamente o goberno galego ven de aprobar unha partida para o ensino privado de... 1000 millóns de Euros para os vindeiros 5 anos!!. Polo visto, para os amigos do PP hai cartos de sobra e non teñen que “apretarse o cinto”. Folga dicir que varios destos centros segregan aos estudantes en función do sexo.  Esta discriminación está permitida grazas a un vacío legal na LOE (aprobada polo PSOE) que dende o Sindicato de Estudantes denunciamos no seu momento mobilizándonos contra esta lei.

Entre as poucas medidas positivas que a anterior consellería de educación aplicara estaban a paralización de partidas para o ensino que segregara aos estudantes por sexo e a gratuidade dos libros de texto. Porén o PP xa eliminou as dúas medidas, e no caso da segunda eliminou a gratuidade dos libros para todos os estudantes, sustituíndoos por miserables axudas de 180 e 90 euros só para aqueles cuxos ingresos sexan inferiores a…5400 e 9000 euros respectivamente!! Esta “Gratuidade Solidaria”, como a denomina demagóxicamente o PP, deixará sen axudas ao 75% das familias.

Como colofón final está a aplicación dos plans de Boloña, que xa provoco una Universidade de Santiago a eliminación dun enorme número de prazas, facendo que neste mes de Setembro os estudantes que fixeron a selectividade atoparan cubertas as prazas de 22 titulacións. Así é como Boloña pensa reducir a ratio de estudantes por profesor, en base á redución de prazas!!

Moitas destas medidas, coma a das Escolas Oficiais de Idiomas xa están a ter unha resposta. Os días  9 e 10 de Setembo os profesores destas escolas foron á folga.

O PP non vai a parar os seus ataques. De feito este e só o comezo duns ataques encamiñados a privatizar o Ensino Público sobre a base dos recortes e o empeoramento da calidade da Educación Pública. A burguesía necesita levar a cabo estas medidas na educación e tamén atacar as condicións de traballo e o PP trataráas de levar a cabo custe o que custe.

Por iso é preciso, hoxe máis que nunca, unificar todas as loitas educativas nunha gran Folga Xeral da Educación como un primeiro paso para unha Folga Xeral. Esta folga debería amosarlle ao goberno do PP dende o primeiro día non só que non vai a conseguir sacar adiante as súas contrarreformas, senón que esa Folga será o comezo dun inferno para eles. O comezo do seu fin como goberno!!