• A modo de introdución: Desatouse unha guerra sen cuartel contra a educación pública
    

    • Que son os plans de Boloña?
    

    • Os créditos europeos
         Que inclúen os novos créditos?
         Que tipo de estudante busca Boloña?
         Subida de taxas
    

    • Graduados e Másters universitarios
        Os graos
        Prácticas en empresas
        Proxecto fin de grao
        A autonomía universitaria e os graos
        Másters
        Préstamos en lugar de becas
        Acceso ao máster
        Un exemplo, o CAP
   

    • A LOU e a privatización
   

    • Por qué Boloña?
   

    • Privatizan a educación pública
       Baixa a inversión, suben os concertos
       E a responsabilidade de quen é?
  

• Como loitar en defensa da educación pública?

• Tabla reivindicativa do Sindicato de Estudantes

 
A MODO DE INTRODUCION
ATACAN A EDUCACIÓN PÚBLICA

   De acordo coa lexislación aprobada polo goberno de Zapatero, a partir de outubro de 2008 comezarán a se ofertar aos estudantes universitarios os novos graos; é decir, a nova estrutura das carreiras que reemplazarán paulatinamente as antigas licenciaturas e diplomaturas. Para outubro do 2010 todos os estudantes de primeiro terán que cursar os graos. Será a culminación do chamado “Proceso de Boloña”, que transformará por completo a universidade tal e como a coñecemos hoxe.

    O Sindicato de Estudantes edita este folleto para poñer en coñecemento de todos os estudantes, e das familias traballadoras en xeral, o que se está a xogar coa aplicación dos plans de Boloña nas universidades públicas.

   Na nosa opinión, máis aló da propaganda demagóxica dos medios de comunicación e dos responsables educativos, cos acordos de Boloña búscase expulsar aos fillos dos traballadores da universidade, así como entregala aos intereses das grandes empresas e multinacionais, transformando un dereito fundamental como é a educación nunha fonte de beneficios para bancos e empresas.

   Estamos, xa que logo, ante o ataque máis grave que sufriu a universidade pública ao longo de toda a súa historia. Por iso é fundamental coñecer en profundidade o que Boloña é, e xerar un movemento de protesta o máis amplio posible que free estes plans.

 

   Nembargantes, non podemos caer no erro de pensar que Boloña é algo illado, circunscrito ao mundo da universidade. Todo o contrario. Forma parte da brutal ofensiva que os capitalistas están lanzando contra os servizos públicos e , en especial, contra a educación pública.

   Non é casualidade que, mentres se aplica Boloña, en Madrid a dereita plantexase privatizar a educación infantil; que en Catalunya, o tripartit, integrado por PSC, ERC, e ICV-EuiA (1), impulsase unha lei educativa catalá que introduce a xestión privada dentro dos colexios e institutos públicos; ou que en Euskadi, onde goberna a dereita nacionalista do PNV e EA xunto con Ezker Batua, o porcentaxe de estudantes matriculados en centros privados concertados (financiados con diñeiro público) sexa xa do 51,5%. Definitivamente, a educación pública corre perigo. Para defendela, faise máis necesario que nunca a resposta masiva na rúa.

QUE SON OS PLANS DE BOLOÑA?


   Aínda que a palabra Boloña está presente en toda a comunidade educativa, o secretismo e a opacidade coa que se levou a cabo o debate de estes plans revela que os obxectivos que persegue son absolutamente cuestionables. Aqueles que o defenden, comezando polo propio goberno e reitores, por non falar das grandes empresas, non se cansan de insistir en que Boloña significa abrir o proceso da “modernización” da universidade e que pensaban en mellorar a situación dos estudantes ao aprobaren estes plan. Así, quérennos vender a imaxe de que Boloña so busca a equiparación dos estudantes do Estado español cos do resto de Europa, fomentar a mobilidade entre Estados, etc.

   Pero, se estudamos detalladamente a xénese e os obxectivos reais deste plan, todo o fume da propaganda desvaécese.

   O 19 de xuño do 1999, os ministros de Educación de 29 Estados europeos firmaron a Declaración de Boloña. Nesta, comprometíanse a avanzar cara a un espazo europeo de educación, homologando as titulacións que se imparten en distintas universidades e creando un sistema de créditos (os créditos europeos) que foran comúns en toda Europa.

   Formalmente é moi positivo que un estudante da Universidade de Compostela poida terminar os seus estudos na Universidade de Leipzig, ou viceversa. Nós somos os máximos defensores de que os recursos de toda Europa se empreguen para mellorar a educación pública de todo o continente. Nembargantes, máis aló da faladoría baleira, Boloña non supón nada diso. Para entender o que realmente implica o Proceso debemos comprender no interese de quén é impulsado.

   Que as universidades do Estado español requiren rapidamente unha reforma é algo que dende o Sindicato de Estudantes defendemos con firmeza. Para comezar, a universidade pública precisa unha maior inversión.

   Disque con Boloña remataranse as clases maxitrais e que se empregarán novos métodos didácticos e pedagóxicos. Pero… e a inversión necesaria, precisamente para garantir unha universidade pública de calidade? Mentres en Europa a media de inversión na universidade é do 1,7% do PIB, eiquí a duras penas alcanza o 1,2% (2). Incluso os reitores denuncian unha e outra vez a falta de recursos. Hai pouco, Ángel Gabilondo, presidente da Conferencia de Reitores (CRUE) exixiu alcanzar o 2% do PIB para a universidade e estimou en 2 300 millóns de euros a inversión urxente que precisa a universidade (Europapress 06/02/08).

   No tocante ás becas, actualmente o 40% dos estudantes universitarios en Europa reciben algunha beca. No entanto, esta cifra baixa ata o 15% no Estado español (3).


   Con máis recursos económicos podería levarse a cabo un Plan de Choque de mellora da calidade da universidade pública: contrución de prazas universitarias necesarias para desmasificar as carreiras máis demandadas, mellora das bibliotecas e laboratorios, aumentar as becas… Por que a equiparación con Europa non está pasando por aumentar a inversión na universidade pública ou por aumentar a porcentaxe dos estudantes con becas? Iso si sería apostar por unha verdadeira integración con Europa ao tempo que suporía mellorar de forma real a universidade pública. Pero cos plans de Boloña non se conseguirá nada disto.

OS CRÉDITOS EUROPEOS

    Co Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo cal estabécese o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio estatal, introducíronse os chamados créditos europeos, os ECTS (Sistema Europeo de Transferencias de Crédito).

   O crédito tradicionalmente mide o número de horas que se imparten nunha asignatura. Isto é, se unha asignatura ten tantas horas lectivas, éstas equivalen a determinados créditos e iso é o que finalmente pagas ao te matricular. A idea supostamente consistía en homoxeneizar o crédito para que fose igual en todas as universidades de Europa. Ata aí moi ben; pero a letra pequena do decreto amosa que o ECTS é moito máis que iso.

QUE INCLÚEN OS NOVOS CRÉDITOS?

 

   Resulta que no artigo 4.3 desta lei establécese que: “Nesta asignación [de créditos]  deberán estar comprendidas as horas correspondentes ás clases lectivas, teóricas ou prácticas, as horas de estudo, as adicadas á realización de seminarios, traballos, prácticas ou proxectos, e as esixidas para a preparación e realización dos exames e probas de avaliación” (resaltado en negriña por nós). Ou sexa, nos créditos estarán incluidas non so as horas lectivas, senón que tamén as horas que o estudante adique, no seu fogar, a estudar ou preparar un exame. Pagaremos por servizos que a universidade non vai ofrecer! Por horas de estudo que faremos nas nosas casas! Estas actividades, ao estaren incluidas nos créditos, son obxecto de avaliación, formando parte da asignatura como tal. Xa que logo, aquel estudante que poda permitirse unha academia privada ou incluso un profesor particular terá claras vantaxes con respecto a aqueles que non o poidan costear.

QUE TIPO DE ESTUDANTE BUSCA BOLOÑA?
 
A orientación destes novos créditos busca un tipo de estudante que poida permitirse adicarse a tempo completo a estudar e nada máis. Así o artigo 4.4 do citado decreto di: “Esta asignación de créditos, e a estimación do seu correspondente número de horas, entenderase referida a un estudante adicado a cursar a tempo completo estudos universitarios durante un mínimo de 36 e un máximo de 40 semanas por curso académico”. Se cada crédito europeo consistirá entre 25 e 30 horas (Artigo 4.5) e o curso académico corresponde a 60 créditos (Artigo 4.1), 40 semanas son 200 días, o que fai un total de entre 7,5 e 9 horas ao día que estudante terá que adicar aos seus estudos universitarios.

   Pero… Os estudantes que traballan e estudan ao mesmo tempo? E os que compaxinan a universidade con outras actividades? É evidente que estes estudantes qeudan fóra do estudante modelo que quere Boloña. Moitos universitarios hoxe en día necesitan traballar para poder pagar a súa matrícula. Que van facer estes rapaces? Renunciar a estudar?

   Temos escoitado moitas calumnias sobre a suposta falta de esforzo dos estudantes. O certo é que o 50,4% dos alumnos que terminan os estudos universitarios fanno con 24 anos ou menos, un dato moi alto tendo en conta que so o 63,5% que se matriculan por primeira vez veñen do bacharelato. Os demais acceden á universidade despois de cursar un ciclo formativo de grao superior ou despois de superaren as probas para maiores de 25 anos, entre outras vías. É dicir, a maioría dos estudantes universitarios non van á universidade a vaguear (4).

   Como Sindicato de Estudantes consideramos que o esforzo no estudo é necesario, pero para estimular a aprendizaxe é fundamental que todos os estudantes teñan as mesmas oportunidades e as mesmas condicións. O enfoque plantexado nos plans de Boloña pretende crear unha psicoloxía determinada, que prepare a xuventude para aceptar o seu papel como carne de explotación dun mercado laboral cada vez máis precario, onde as oito horas diarias ao día que establece a lei se converteron nunha ilusión e o máis habitual son as nove, dez ou doce horas de traballo diario. Non é casualidade que a Unión Europea aprobase unha directiva que eleva a 60 horas semanais (65 no caso dos médicos) a xornada laboral. Equiparámonos a Europa… , pero á do século XIX!


SUBIDA DE TAXAS

   O decreto deixa ademais a porta aberta á subida crecente das taxas universitarias. Non podemos esquecer que curso a curso as taxas universitarias aumentan sen parar, sempre por riba da inflación. Para o curso 2007/08 o goberno permitiu unha subida de ata un 6,4%. Que salario obreiro subiu a este nivel?

   Incrementando o custo da matrícula universitaria e reducindo as becas, non so se remata coa gratituidade dun dereito esencial para miles de familias traballadoras, senón que ademais potencian a elitización e a privatización da educación superior. E todo isto esta levándoo a cabo un goberno “socialista” que non deixa de presumir das súas “políticas de igualdade”.

GRADUADOS E MÁSTERS UNIVERSITARIOS

   Boloña supón terminar coa actual estrutura dos estudos universitarios. Ata o de agora, existían basicamente dous tipos de carreiras universitarias: as licenciaturas ,de catro ou cinco anos, e as diplomaturas, de tres anos. No caso das licenciaturas, adoitaban estar divididas en dous ciclos: o primeiro, de formación máis xeral, e o segundo ciclo, cunha formación máis especializada.

   Con Boloña esta distinción desaparece. A carreira terá dous clases de títulos: o de graduado universitario, ao que se accederá a través de distintos graos e cuxo contido será máis xeneralista; e os másters universitarios ou posgraos onde o estudante recibirá unha educación máis específica. A lei que regula os graos e másters é o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

OS GRAOS

   Os graos serán de 240 créditos, o que corresponde a catro cursos, estarán adscritos a 5 posibles “ramas de coñecemento” (Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñería e Arquitectura) e corresponderán ás distintas universidades definilos. De estes 240 créditos, 60 (un curso enteiro) deberán de ser de formación básica, inicial ou transversal (36 de estes créditos deberán de corresponder a asignaturas comúns para cada rama de coñecemento, unha especie de terceiro de bacharelato) (Art. 12.5). Outros 60 créditos poderán disporse para desenvolver prácticas en empresas (Art 12.6) e por último haberá un proxecto de fin de grao de duración variable (entre 6 e 30 créditos).

   Se botamos man á calculadora resulta que algúns graos poderían dispor de tan so 90 crédtios para dar todo o contido que se impartía nas anteriores diplomaturas ou licenciaturas. Evidentemente é unha esaxeración, porque non todos os graos usarán os 30 créditos para o proxecto de fin de grao ou os 60 para prácticas en empresas, pero é evidente que en calquera caso a formación que se obtén dun grao será moito menos que a que actualmente ten calquera licenciado ou incluso diplomado. Conclusión: o título de graduado terá moito menos valor no mercado laboral que as actuais licenciaturas. É dicir, o estudante verase obrigado a cursas o máster se quere ter un título que lle permita aspirar a un posto de traballo digno ao rematar os estudos.

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

   Respecto ás prácticas nas empresas, éstas poderían ser positivas se realmente fosen prácticas para aumentar a formación dos estudantes universitarios, e non a forma máis barata de dispor dunha forza de traballo sen dereitos. So temos que mirar aos compañeiros da Formación Profesional ou aos becarios e investigadores para entender que é o que van a supor: As empresas empregan os estudantes en prácticas para non contratar a novos traballadores e, por suposto, moitas veces a tarefa dos estudantes de prácticas non ten nada que ver co suposto contido que éstas deberían ter. E, ademais, non podemos esquecer que as prácticasn on son retribuidas; isto é, o empresario, que ademais recibe cuantiosas subvencións do Estado, aprópiase integramente do froito do traballo do estudante sen darlle un soldo a cambio. Os estudantes traballaremos gratis ata un ano, sen recibir a formación prometida.
 
 PROXECTO FIN DE GRAO

   O proxecto de fin de grao tampouco é de fiar. Por unha banda, a enorme diferenza entre 6 e 30 créditos invita a pensar que as universidades poden converter este concepto de “proxecto de fin de grao” en calquera cousa, dende unha reválida para conseguir o título de grao (xa que está “orientado á avaliación de competencias asociado ao título” Art 12.7) ata un proxecto de fin de carreira tradicional. Pero tal e como son os créditos europeos, esta última opción tamén ten graves perigos xa que, haberá suficientes profesores-titores para dar unha orientación adecuada ao proxecto? Acaso non serán beneficiados, unha vez máis, aqueles que poidan contratar profesores particulares, academias, etc?

A AUTONOMIA UNIVERSITARIA E OS GRAOS

    A célebre autonomía universitaria permitirá que sexan as universidades as que establezan os distintos graos (Art 12.1) en lugar de existir, como ata o de agora, un catálogo de títulos. Xa non serán titulados de historia en xeral, senón titulados de grao “X”, da universidade “Y” (Art 9.3). Se xa hoxe algunhas empresas desprezan aos titulados de determinadas universidades por consideralas pouco prestixiosas, agora esta discriminación será moito maior.

   Posteriormente a Agencia Nacional de Evaluación de Calidad (ANECA) e o Consello de Universidades encargaranse de verificar que estes graos se axustan á lei (Art 24). Cada seis anos se revisará o funcionamento e a viabilidade do grao. Así que un estudante que inicie este curso un grao podería atoparse con que, ao terminalo, o seu título xa non tería validez porque a ANECA o desestimou.

   Evidentemente acentuarase a diferenza entre unhas universidades de primeira, que ofertarán os mellores graos, e unhas universidades de segunda, cuxos graos sexan sistematicamente desprezados polo mercado laboral.
 
MÁSTERS

   O máster durará un ou dous anos (60 ou 120 créditos) e o seu contido está moito menos precisado que o grao. Ao final haberá un proxecto de fin de máster de entre 3 e 30 créditos. Como xa sinalamos, estudar un máster converterase nun obxectivo fundamental para un estudante que queira ter un título con validez real no mercado laboral. Toda a estrutura está pensada para que o grao sexa un primeiro ciclo e o posgrao a imprescindible especialización.

   Nembargantes, os posgraos ou másters non estarán ao alcance de todo o mundo. Para empezar polo diñeiro que haberá que desembolsar para matricularse neles. O anterior secretario de estado para a universidade, Salvador Ordóñez, insistiu, unha e outra vez, en que o prezo dos másters podería rondar entre os 840 e os 1 440 euros anuais, polo que habería másters que custarían cerca de medio millón das antigas pesetas. Pero trátase dunha mera estimación. Recentemente, a Universidade Politécnica de Valencia anunciou que contaría con un máster Erasmus Mundus de dous anos sobre Materiais e Sistemas Sensores para Tecnoloxías Medioambientais, cuxa matrícula estará en 3 500 euros ao ano (El País 07/03/08). Por suposto, os másters máis prestixiosos serán os máis caros. En calquera caso falamos de prezos que deixarán fóra a moitos estudantes de familias obreiras que non poden pagar esa cantidade de diñeiro.

PRÉSTAMOS EN LUGAR DE BECAS

   Os defensores de Boloña falan dun esforzo na política de becas para evitar que haxa discriminación nos novos estudos universitarios e, en especial, no acceso ao máster. Nembargantes, as becas que se dan son absolutamente insuficientes.
   Un exemplo vale máis que mil palabras. A axuda compensatoria é aquela que se lle ofrece ás familias con menos ingresos. Así, por exemplo, para percibila unha familia de catro membros debe ingresar en total menos de 13 086 euros ao ano (1 090,5 euros ao mes). Pois ben, a cuantía que recibirá o estudante que cumpla este requisito será tan so de 2 500 euros ao ano (5). Que se pode esperar desta política de becas?
 
Dende logo, con estes datos, a suposta mobilidade que trae Boloña entre universidades europeas seguirá a ser, com xa o é hoxe en día, ou incluso peor, un privilexio exclusivo para aqueles que poidan pagalo.

   Sexa como for, parece que a realidade será aínda peor: o goberno xa recoñeceu que non se concederán becas no posgrao, senón que facilitarán créditos bancarios aos estudantes que non poidan cubrir o desembolso da matrícula. Créditos que, loxicamente, terán que ser devolvidos. Na práctica, trátase dunha tremenda selectividade económica para os fillos dos traballadores, unha barreira discriminatoria en beneficio dos que máis teñen e un gran negocio para a banca. De algunha maneira hai que compensar aos grandes bandos polas subprime e o pinchazo da burbulla inmobiliaria! Iso si, coitadiño o moroso que non pague unha hipoteca ou non devolva un préstamo!

ACCESO AO MÁSTER

   Ademais para acceder ao máster non servirá simplemente ocn ter un título de grao. O Artigo 17.1 especifica: “Os estudantes poderán ser admitidos a un Máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que, no seu caso, sexan propios do título de Máster Universitario ou estableza a universidade”. Que significa este parágrafo? Pois evidentemente que as universidades poderán establecer criterios de admisión. Cales? Dende unha proba de acceso, ata unha entrevista individual. O que está claro é que as universidades de “prestixio” seleccionarán aos seus estudantes para que sexan os máis brillantes (ou aqueles con abundantes recursos económicos).

   Por último, como xa sinalamos cos graos, os propios posgraos potenciarán a distinción entre universidades, as de primeira por un lado, para a elite, e as de segunda para os demais estudantes. Por suposto, ningunha universidade se conformará con ser unha universidade “para o pobo” e tratará de competir ferozmente para ser considerada polas empresas. Non é ningún misterio que universidades parten con vantaxe nesta loita: as que teñen hoxe máis prestixio e teñen acceso a máis recursos. As diferenzas entre universidades, que xa hoxe existen, non deixarán de se incrementar.

UN EXEMPLO: O CAP

   Un exemplo moi claro de que os posgraos buscan elitizar os estudos universitarios pódese ver co CAP (Curso de Adaptación Pedagóxica), necesario para poder optar a un traballo como profesor. O actual CAP, que dura tres meses, desaparecerá e o seu lugar será ocupado por un máster específico. O estudante que quere ser profesor pasará de pagar 250 euros que custa o CAP actualmente, a ter que cursar un posgrao cos prezos anteriormente indicados.

   Non imos entrar a valorar se o actual CAP é útil ou non para formar un profesor (cremos que non), pero de calquera maneira, os que sufrirán a nova estrutura serán aqueles estudantes aos cales lles gustaría adicarse á docencia, pero non poderán facelo por non teren diñeiro suficiente para pagarse o correspondente máster.


A LOU E A PRIVATIZACIÓN


   A LOU (Lei Orgánica de Universidade) do PP, que suscitou un movemento masivo de protesta por centos de miles de estudantes universitarios no ano 2001, non foi derogada por Zapatero, tal e como prometera. Incumprindo as súas promesas, o goberno do PSOE conservou esta lei cuns lixeiros retoques, ao gusto dos reitores. O contido fundamental da LOU, ou sexa, a súa intención privatizadora da universidade pública tan do gusto da dereita, manténse e desenvólvese co goberno de Zapatero.

   A segregación da universidade do resto do sistema educativo é un salto cualitativo nesa liña. Zapatero separou a universidade do Ministerio de Educación creando un novo ministerio chamado “de Ciencia e Innovación”. A universidade será unha mercancía máis en mans das empresas. Precisamente, a titular do novo ministerio, Cristina Garmendia, ata agora era membro da xunta directiva da CEOE e confésase votante do PNV.

   Zapatero estase atrevendo a facer oq ue ninguén antes se atrevera. Ao separar a universidade do conxunto do sistema educativo, está a darlle ás á privatización da ensinanza superior seguindo o modelo que impuxo Margaret Thatcher e Ronal Reagan.

   Coa excusa dunha universidade máis próxima ao mercado laboral, pretende disuadir a millóns de rapaces procedentes de familias traballadoras de acceder aos estudos superiores; rapaces que o pensarán dúas veces antes de se matricularen pola enorme presión económica e académica que conlevará. Ademais, será o capital privado o que condicionará o acceso, a organización e a planificación dos títulos e a calidade dos estudos, seguindo o modelo preponderante dos EEUU e do Reino Unido, onde a ensinanza superior converteuse nun fabuloso negocio (6).

   A LOU regala a investigación das universidades ás empresas privdadas, así que estas afórranse invertir en laboratorios de investigación propios. Desta maneira só se investigará aquilo que para os intereses das grandes empresas resulte rendible, reducindo aínda máis o presuposto e os recursos destinados a investigación para fins sociais.

   Nembargantes, o máis importante é que a LOU entrega a chave da financiación á empresa privada que controlará os recursos públicos que se destinan á universidade, á vez que se busca aumentar a dependencia da universidade do capital privado (como son as taxas, subvencións das empresas, etc.).

   Coa LOU o verdadeiro óragno de goberno é o Consello Social onde están presentes  representantes das empresas. O Consello Social ten potestade na financiación da universidade pública. Dominando a billa do diñeiro, as empresas decidirán que carreiras universitarias son útiles (para os seus intereses) e cales non. Non é de estrañar que quixeran eliminar as humanidades. Que sentido ten para Repsol ou Telefónica “despilfarrar” diñeiro en historia ou filoloxía? Se estas carreras se salvaron, polo momento, foi grazas á mobilización na rúa.
 
   As carreiras máis atractivas para as grandes empresas recibirán máis inversións, así como as universidades máis prestixiosas. Se estes plans seguen adiante, pronto teremos na universidade un modelo similar ás fundacións sanitarias, o instrumento que se está a utilizar para privatizar a sanidade pública, facendo da saúde un saboroso negocio para as multinacionais do sector e empeorando alarmantemente a calidade do servizo.

   Ademais a LOU implica un enorme retroceso nos dereitos democráticos na universidade, sobre todo para os estudantes, e introduce unha maior precariedade e eventualidade entre o profesorado.
  
   Non podemos esquecer aos estudantes detidos a raíz das mobilizacións contra a LOU en decembro do 2001. Foron acusados de falsos delitos que non cometeran e, aínda que se ten demostrado reiteradamente que se tratou de unha montaxe policial(7), seguen condenados.

POR QUE BOLOÑA?

   Recentemente a prensa fixo públicos numerosos estudos nos que se demostra como os lincenciados universitarios engrosaron as filas da precariedade laboral de maneira vertixinosa. O salario medio dun licenciado ao terminar a carreira non supera os 700 euros ao mes, convertíndose en cifras aínda máis miserables dependendo da carreira. Ademais, preto dun 40% dos universitarios nunca traballarán en nada relacionado cos seus estudos, senón noutros empregos que requerirán moita menos cualificación.

   Todos estes datos son certos, pero o máis grotesco é que están sendo utilizados intencionadamente para potenciar unha idea absolutamente cínica e que serve aos fins privatizadores contra a universidade pública; a idea de que sobran licenciados e que manter este derroche é “antieconómico”. A esta argumentación súmase a insidiosa campaña de presentar á xuventude, en xeral, como unha xeración de vagos mantidos, folgazáns e pendencieros, preocupados unicamente polo botellón da fin de semana.

   Contra esta campaña hai que ser claros. Non sempre a clase obreira tivo acceso aos estudos universitarios. Foi durante as loitas contra a ditadura franquista, e, en especial, durante as grandes mobilizacións estudantís do curso 86/87, cando as familias traballadoras conquistaron a posibilidade de que os seus fillos puidesen ter uns estudos superiores. De feito, non é casualidade que a propia ONU utilice o número de estudantes universitarios como un baremo moi fiable do desenvolvemento e a cultura dun Estado. Agora a burguesía, os empresarios, os banqueiros, coa colaboración lamentable do goberno do PSOE, queren dar marcha atrais no reloxo da historia e arrebatarnos un dereito esencial como é o de recibir unha educación universitaria pública e de calidade.

   O dereito a que o fillo do obreiro poida estudar na universidade hai que defendelo con unllas e dentes. É absolutamente falso que sexa “antieconómico” manter unha universidade pública, digna e gratuita para as familias traballadoras. Existen enormes necesidades sociais que hai que cubrir e que xustifican a necesidade de licenciados: a sanidade ten largas listas de espera por escasez de persoal sanitario, necesítanse profesores para mellorar a calidade da ensinanza, psicólogos, traballadores sociais, científicos para desenvolver a investigación e a ciencia, arquitectos, aparelladores, enxeñeiros para construir infraestruturas sociais e vivendas públicas en aluguer para millóns de rapaces… Pero para a lóxica dun capitalista, estas necesidades sociais non son rendibles. É máis, consideran estas necesidades fundamentais como unha posibilidade de lucrarse, de encher os seus petos. O que quere é facer negocio con todo e dinse a si mesmos: “aquel que queira disfrutar dun servizo de calidade, que o pague”.

   Nun contexto de crise económica, xerada polo sistema capitalista, a perspectiva de crecemento do desemprego é moito maior. Aqueles que, ás nosas costas, gañaron beneficios multimillonarios, agora esixen baixar máis os salarios, abaratar os despidos e aumentar a xornada laboral. Nesta perspectiva, para os grandes capitalistas non ten sentido adicar o diñeiro público a costear imja sanidade ou unha educación de calidade. Os grandes empresarios necesitan man de obra barata que poida ser explotada baixo misérrimos salarios. Cun pequeño núcleo de especialistas preparados (a poder ser os seus propios fillos) abóndalles e sóbralles. Esta é a razón de fondo pola que pretenden expulsar da universidade aos fillos dos traballadores.

PRIVATIZAN A EDUCACIÓN PÚBLICA

   Antes explicabamos que para os capitalistas non resulta rendible manter unha universidade pública ao alcance dos fillos dos traballadores. Pero a universidade non é algo á marxe da política xeral que segue a burguesía no Estado español e a escala mundial. En todos os Estados, a sanidade, a educación, as empresas públicas son acosadas polos capitalistas.

   No Estado español, a educación pública, no seu conxunto, está no punto de mira dende hai tempo. Os capitalistas buscan degradar este dereito fundamental e, así, privatizalo con máis facilidade. As dúas armas fundamentais que se están a utilizar son, por unha banda, a falta de inversión e, pola outra, o manifesto apoio á educación privada concertada, residuo franquista inexistente na maioría dos países do noso entorno. Non é casualidade que o 89% dis centros privados concertados pertenzan á Igrexa Católica, que sigue dispondo dunha fonte de ingresos colosas e dun gran control ideolóxico.

BAIXA A INERSIÓN,
SUBEN OS CONCERTOS EDUCATIVOS (8)

   No 1993, o Estado destinaba o 4.9% do PIB para a educación. Dende aquela, a inversión sufriu unha caída en picado que o goberno do PSOE, lamentablemente, non enmendou. No 2004 o PP deixou como herdanza a Zapatero un 4,39% do PIB para a educación. No 2007 esta porcentaxe descendeu aínda máis, ata o 4,36%. Pode parecer unha lixeira caída, pero estas tres centésimas supoñen 315 millóns de euros menos de inversión, sen esquecer que a caída era xa moi profunda e que eses anos foron o cumio dun boom económico. Agora entramos nunha crise económica e o goberno tratará de facer que as súas contas cadren, a costa de reducir a inversión e o gasto público.

   O diñeiro para a educación pública è fundamental. É necesario para garantir o bo estado dos centros e do material, becas suficientes para os estudantes, condicións de traballo digno para o profesorado e o persoal laboral, etc. Sen recursos económicos suficientes non é posible unha ensinanza pública de calidade. Pero unha ensinanza pública de calidade sostida con fondos públicos é precisamente o que non queren os empresarios. Como a experiencia ten demostrado, os capitalistas queren facer dos servizos púbicos un próspero negocio para as súas contas de resultados, e o goberno de Zapatero, a pesar das apariencias, parece que está de acordo con esta filosofía.

   E é que, mentres caeu en picado a inversión pública, o diñeiro destinado en particular para subvencionar os centros privados concertados creceu. Así mentras que en 1992 o 9,1% do gasto educativo destinábase a cubrir os concertos educativos, no 2005 a porcentaxe subira ao 11,2%. Só ese ano entregáronse aos empresarios da educación e aos bispos 4.353 millóns de euros, unha cantidade moi necesaria para a educación pública. Por suposto que esta é soamente unha parte do diñeiro. Ademais dos concertos hai máis subvencións, axudas, cesións, concesións etc. que son complicadas de cuantificar. A isto habería que sumar todos os demais ingresos que recibe a xerarquía eclesiástica fóra do terreo estritamente educativo.
 
  Non podemos esquecer, ademais, que na memoria económica que acompañaba á nova lei educativa aprobada polo goberno de Zapatero (a LOE), máis de 2 000 millóns de euros (dos 7 033 millóns totales) estaban destinados a garantir a gratituidade da educación infantil. Nembargantes, as Comunidades Autónomas fixérono non sobre a base de construir prazas públicas suficientes, senón a través de novos concertos coa patronal educativa. Polo tanto, aínda que todavía non hai datos oficiais, é evidente que despois do 2005 a porcentaxe do presuposto de educación destinado á privada concertada dispárase. Mentras que en inversión en educación o Estado español está no 28º posto da OCDE, en porcentaxe desa inversión destinada a institucións privadas é o quinto Estado do mundo.

 Todo parece indicar que a situación vaise agravar aínda máis. Durante a campaña electoral, ante as queixas da FERE (a principal patronal educativa que pertence á Igrexa) insistindo na necesidade de revisar a financiación da concertada para “modernizala e equiparala á pública”, o entonces secretario xeral de educación, Alejandro Tiana, respondeu afirmativamente e comprometeuse a iniciar unha “comisión de concertos” xa que “o sistema de concertos é o máis adecuado nas circunstancias nas que estamos para o cumprimento do dereitoo á Educación” (Magisnet 02/04/2008).
 
O Sindicato de Estudantes defende a necesidad de loitar por revertir completamente esta situación e frear esta ofensiva contra a ensinanza pública. Por iso esiximos a paralización inmediata dos concertos educativos. Que nin un euro do diñeiro público sexa para financiar o negocio da ensinanza privada! Xunto a esta medida, é necesario un incremento drástico dos recursos económicos destinados á ensinanza pública, invirtindo nela polo menos o 7% del PIB.

Se non se invirte na educación pública, non se constrúen prazas públicas suficientes (como por exemplo sucede en educación infantil), non se adecúan as instalacións e o material ás novas necesidades (ante a chegada de traballadores inmigrantes, estudantes con necesidades especiais, etc.) e por outro lado poténciase e favórecese a educación privada concertada, non é de estrañar que aumente o número de estudantes matriculados nestes últimos centros.

DE QUEN É A RESPONSABILIDADE?

   O gobierno central do PSOE lávase as mans dicindo que a responsabilidade está nas dos gobernos propios dos distintos países e rexións do Estado posto que son estas as que teñen as competencias en educación.
 
É certo que segue habendo diferenzas entre as comunidades gobernadas pola dereita e aquelas que son dirixidas polo Partido Socialista. Nembargantes, a tendencia en todas é cara á privatización.

Certamente en Madrid, por exemplo, xa non só se regala solo público á patronal, como era habitual nesta Comunidade, senón que directamente se regala un colexio público construido co diñeiro público. Así sucedeu en El Álamo. Simultáneamente, a Consellaría de Educación impuxo un decreto de educación infantil que permite que calquera empresario poida montar a súa “guardería (escola infantil)” sen ningún tipo de requisito que garanta a calidade e o carácter educativo desta etapa.

 Pero nas Comunidades gobernadas pola esquerda a panorámica non é moito mellor. Así, en Catalunya, o Departament d’Educació presentou a LEC (Lei de Educación Catalá). Trátase dunha lei cuxo contido é, sen dúbida, de dereitas. A súa aplicación suporía un paso de xigante na privatización da ensinanza, a unha escala que nin siquera a dereita política atrevera a se plantexar. A lei chegaba a plantexar, entre outras lindezas, a xestión dos centros públicos por parte de empresas privadas. Froito da mobilización masiva na rúa de profesores e estudantes este aspecto foi retirado; sen embargo, todos os demais ataques mantéñense.

  Así poderíamos seguir enumerando o que sucede en todas os Gobernos autonómicos, dende Andalucía, onde aos profesores se lles impuxo un “plus de produtividade”, o que provocou unha folga de docentes contra a Junta de Andalucía gobernada polo PSOE, a Cantabria donde se eliminaron horas de historia para garantir a ensinanza de relixión.

 Certo é que as competencias téñenas os gobernos autonómicos, pero dende o central, o PSOE podería ter garantido perfectamente unha reforma educativa que apostase pola educación pública e obrigase a actuar así aos gobernos autonómicos. Como sinalamos no seu día, a LOE era unha lei privatizadora que seguía a estela da anterior “Lei de Calidade” imposta polo PP. Non era unha cuestión de “competencias”, senón de vontade política.

  Todos os ataques contra a educación pública que se están a producir responden aos mesmos intereses e aos mesmos obxectivos. En marzo ese ataque prodúcese nunha Comunidad, en abril, o mismo noutra distinta, hoxe recortan un aspecto determinado en Valencia, mañá será outro en Asturias. Non ten sentido responder de forma separada, hoxe eiquí, mañá alí. Iso é precisamente o que queren que fagamos porque réstanos forza. Temos que unificar todas estas loitas, temos que responder de xeito unificado e estatal.

COMO LOITAR NA
DEFENSA DA EDUCACIÓN PÚBLICA?


   No último curso desenvolvéronse numerosas manifestacións, encerros e asembleas contra os plans de Boloña. A participación de miles de estudantes en todas estas accións amosa que hai unha clara vontade de parar estes plans privatizadores. Paralelamente, tamén se organizaron folgas xerales de profesores  estudantes o 14 de febreiro en Catalunya, contra a LEC, e en Madrid os días 7 e 21 de maio. Tamén se produciron mobilizacións da comunidade educativa en Cantabria, Andalucía e no noso país, Galicia.

 En todos estes casos o obxectivo central da mobilización era protestar contra a privatización da educación pública, e a resposta non puido ser máis contundente por parte do movemento: decenas de miles de profesores e estudantes de secundaria saliron ás rúas de Barcelona e Madrid amosando a súa vontade de loitar ata o final.

  Dende o Sindicato de Estudantes pensamos que é absolutamente necesario unificar as mobilizacións, evitando a súa dispersión e ampliando o seu impacto. E a primeira condición é desenvolver unha amplia campaña de información tanto na comunidade educativa como cara o conxunto da sociedad, especialmente entre a clase traballadora, do que supón realmente os planes de Boloña. Hai que insistir en que este goberno foi elixido con votos de millóns de familias humildes, de miles de rapaces asqueados coa dereita, e foi elixido para que resolvese de forma positiva os acuciantes problemas que temos a maioría da sociedade: desemprego, falta de vivenda pública, dereito a disfrutar dunha sanidade e unha educación pública digna. Por iso fue votado Zapatero.

 Nembargantes, a realidade é que este goberno, a pesar de facer gestos de cara á galería para darse unha certa imaxe de esquerdas, está levando unha política que, nos aspectos esenciais, pouco se diferenza da dereita. Unha política que beneficia, por encima de todo, ás grandes empresas, que salvagarda os seus dividendos multimillonarios, mentras permite o crecimiento do paro, os baixos salarios, a desigualdade e a privatización da sanidade e a ensinanza. En definitiva, unha política que acepta a lóxica do capitalismo.

  Por estas razóns hai que lle dicir ao goberno de Zapatero: Basta! Queremos un goberno de esquerdas, cunha política auténticamente de esquerdas, ao servicio dos intereses da maioría da sociedade, os traballadores e as súas familias. A experiencia demostrou que para que rectifiquen, para que nos escoiten, fai falta saír á rúa e organizar mobilizacións contundentes e masivas.

 Dende o Sindicato de Estudantes facemos un chamamento a todo o movimiento estudantil, a todas as organizacións, aos profesores, aos sindicatos de clase a conformar un gran movimento unitario contra os Plans de Boloña, contra a privatización da universidade, e en defensa da ensinanza pública. Facemos un chamamento á unidade de acción para impulsar mobilizacións que obriguen ao goberno a retroceder. Unha loita que ten que ter un eixe fundamental: o aumento substancial da inversión de recursos económicos e humanos na universidade pública para garantir este dereito universal.

 Estamos absolutamente convencidos de que as condicións para organizar unha resposta de millóns en todo o Estado están máis que maduras. As mobilizaciónss deste curso déixano claro.

 Por iso os sindicatos de clase do profesorado teñen que deixar a un lado as ambigüidades, teñen que abandonar a filosofía da desmobilización e da paz social, e poñer todas a súas enerxías en loitar consecuentemente contra a privatización da ensinanza ao lado dos estudantes.

 É necesaria e posible unha resposta que unifique a toda a ensinanza, dende a escola infantil, ata a secundaria e a universidade, pois a loita é a misma para todos.

   Dende o Sindicato de Estudantes propomos ao conxunto do movemento estudantil, aos sindicatos de clase do profesorado e demais persoal laboral da ensinanza e á confederación de pais e nais (CEAPA) conformar unha FRONTE ESTATAL DE LOITA EN DEFENSA DAA EDUCACIÓN PÚBLICA.


En defensa da universidade pública e de calidade: Nin LOU, nin Proceso de Boloña! Non á privatización da ensinanza pública!
O fillo do obreiro á universidade!
¡POR UNHA FRONTE ESTATAL DE LOITA EN DEFENSA DA EDUCACIÓN PÚBLICA!
 
 
Tábora reivindicativa do Sindicato de Estudantes:


1.    Retirada inmediata dos plans de Boloña. Necesitamos unha reforma da ensinanza universitaria a prol dos estudantes e das familias traballadoras, non das grandes empresas. Reforma dos plans de estudo elaborada coa participación consciente de estudantes, profesores e sindicatos
 
2.    Non aos créditos bancarios para financiar os estudos. Universidade pública e gratuita. Becas-salario de mil euros ao mes para os estudantes con máis dificultades. 40% dos estudantes con becas dignas
 
3.    Un único Ministerio de Educación. Non á segregación da universidade do sistema educativo. Non á xestión empresarial da universidade
 
4.    Inversión do Estado do 2% do PIB na universidade pública para garantir unha educación pública de calidade e gratuita, a construción de suficientes prazas públicas universitarias, a redución do número de estudantes por aula, dotación de laboratorios, bibliotecas, etc. É necesario un plan de choque de 8 400 millóns de euros, inmediato, para mellorar a universidade pública. 7% do PIB para a educación pública
 
5.    Non á escola privada. Por unha rede pública única, de calidade e democrática.
 
6.    Prácticas nas empresas remuneradas, con salarios dignos, e controladas polas organizacións estudantís e os sindicatos de traballadores. Non á man de obra gratuita!
 
7.    Non sobran licenciados! Plan Estratéxico Estatal para dotar aos barrios obreiros de suficientes hospitais, colexios, institutos, instalacións deportivas e culturais, etc.
 
8.    Un posto de traballo digno ao rematar os estudos, ou subsidio de desmprego indefinido igual a mil euros ata conseguilo.

Notas
 
1. Partido dos Socialistas de Catalunya, Ezquerra Republicana de Catalunya, Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa
 
2. O 13/03/07, en declaracións a Efe, o entonces secretario de Estado para a Universidade, Miguel Ángel Quintanilla, afirmaba que a porcentaxe de inversión na universidade atopábase no 1,22% do PIB.
 
3. Segundo os datos facilitados pola CRUE, de 1.191.201 estudantes matriculados na universidade pública presencial no curso 2004/05, só 168 050 recibiron algunha axuda, un 14,11% (La universidad en cifras 2006, páx. 125). O Ministerio asegura que posteriormente a porcentaxe subiu ata o 16%, todavía moi lonxe do 20% que había no 1995.
 
4. Datos obtidos da nota de prensa do Instituto Nacional de Estatística do 23 de maio do 2008.
 
5. Real Decreto 675/2008 de 28 de abril, polo que se establecen os umbrais de renda e patrimonio familiar e as cuantías das becas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte para o curso 2008-2009.
 
6. O prezo da matrícula nunha universidade pública nos Estados Unidos rolda os 6 100 dólares al año, y en algunos casos puede llegar hasta los 20.000 dólares. Nos centros privados elévase a 23 000 dólares de media, e duplícase nas máis prestixiosas do país. A estas cantidades hai que lles engadir o aloxamiento, as comidas e outros gastos indispensables, coma os libros.
Segundo Sandro Pozzi nun artigo publicado en El País o pasado 11 de maio, os custos universitarios siguen subindo, a un ritmo do 6% anual, máis rápido que a inflación ou a gasolina: “Esta espiral vai forzar a moitos rapaces a endebedarse durante décadas, se é que non atopan un traballo cun salario capaz de soportar a carga financieira. Pero a crise no mercado de crédito está creando un problema engadido para moitas familias (…) A conxelación do mercado de crédito está provocando que algúns Estados estean suspendendo parte de programas, porque son incapaces de recaudar fondos para financialos. É o caso de Pensilvania, Michigan, Iowa, Misuri e New Hampsire. E medio centenar de entidades que conceden créditos a estudantes xa abandonaron o negocio, como College Loan Corp, M&T Bank e CIT Group. (…) Ante esta situación, as oficinas de axuda financieira das universidades xa están alertando aos estudantes e aos seus pais de que os préstamos van ser máis difíciles de conseguir, máis custosos e requerirase un mellor nivel de crédito. Estímase que ata 300 000 estudantes poderían ter problemas o próximo curso académico para conseguir respaldo financieiro. Unha boa parte dos estudantes universitarios recorre directamente aos programas de axuda federais. Os préstamos públicos oscilan entre 3 500 e 5 500 dólares anuais, polo que despois deben acudir a entidades privadas para cubrir o resto do custo (…) O tipo de interese que se aplica a estes créditos para estudantes móvese entre o 6,8% e o 8,5%, e podería elevarse ao 11%. As familias con menos recursos ven na vivenda o activo para dotarse do efectivo que necesitan. Pero a forte contracción no mercado inmobiliario está baixando o valor das súas propiedades, oo que complica a situación en relación co próximo curso, porque os bancos non se fían (…) Cálculase que hai unhas 2 000 entidades que conceden préstamos a estudantes nos Estados Unidos (…) A ansiedade é evidente en moitas familias, que piden que o Gobierno federal salte a escena para poder axudarlles a pagar os estudos universitarios dos seus fillos…”.
 
7. Por exemplo, foron acusados de agredir a un policía municipal que entrou en servizo media hora despois de seren arrestados.
 
8. Todos os datos deste apartado foron tomados do borrador do Informe sobre el estado y situación del sistema educativo 2006/07, do Consello Escolar do Estado, e do Sistema estatal de indicadores de la educación 2007, do Instituto de Avaliación.