Todos á concentración do xoves 30 en Ferrol ás 20h na Estación de Autobuses de Ferrol
O que está facendo a empresa Monbus, coa conivencia da Xunta de Galiza, é unha falta de respecto a tódolos usuari@s da liña de buses Ferrol-A Coruña.
A supresión do autobús das 6:50, e doutros autobuses que cobren dito traxecto, foi o enésimo recorte no servizo por parte de Monbus. Moitos estudantes se teñen quedado directamente en terra por ir os buses cheos. E centos de traballador@s que fan ese traxecto decote deben erguerse agora media hora antes para chegar ó seu traballo media hora máis tarde.
O maltrato ós usuari@s da liña Ferrol-A Coruña é “marca da casa” de Monbus, empresa ben coñecida polo maltrato ós seus traballadores.
Chegamos a esta situación porque a Xunta adxudica as concesións ás ofertas económicas máis baixas, ofertas que se fan a costa da degradación do servizo. E que fai a Xunta? Mirar para outro lado.
Ós vínculos entre Monbus e o PP son descarados. A empresa incluso recibiu axudas públicas da Xunta para mercar outras empresas de transporte, como a compostelá Castromil ou a pontevedresa La Unión.
O único que lle importa a Monbus é obter o máximo beneficio, coma o resto das empresas. Abanca pechando sucursais e a Xunta de Feijoo concedéndolle unha subvención de 3 millóns de euros. As eléctricas baleirando encoros e a Xunta de Feijoo aprobando un decreto para que as sancións non superen os 25.000 euros, unha cantidade ridícula. E este curso escolar 2021-22 comezou con 600 profesores menos nos centros educativos galegos.
A Xunta de Galiza ten que esixirlle a Monbus que respecte os servizos existentes con anterioridade e, se Monbus non o fai inmediatamente, anularlle a concesión.
Toda esta situación e, en derradeira instancia, consecuencia da falla dunha rede de transporte público digno en Galiza.
O tren Ferrol-A Coruña exemplifica á perfección o abandono do transporte ferroviario como servizo público, cunha liña lentísima, obsoleta e que ofrece moi poucos servizos. No resto do país, a aposta pola gran velocidade foi o pretexto para suprimir trens rexionais, deixando nunha frecuencia mínima ou directamente sen tren a numerosas poboacións e mantendo unicamente os trens directos entre as principais cidades.
A autopista AP9, principal eixo económico da nosa terra, é das máis caras do Estado e a Comisión Europea acaba de declarar que a prórroga ata 2048 (a máis longa de todo o Estado) da concesión á empresa Audasa foi ilegal. Outro exemplo de favores do PP a unha empresa a costa da cidadanía.
É necesario unha rede de transporte público eficiente, moderna e gratuíto que permita reducir drasticamente os milleiros de vehículos privados que se desprazan acotío entre Ferrol e A Coruña ou entre outras localidades galegas, o cal tamén axudaría a rebajar la polución y contaminación.
Por todos estes motivos, o Sindicato de Estudantes apoia a concentración convocada polos usuarios afectados polo deterioro do servizo da liña de buses Ferrol-A Coruña e chama a toda a mocidade a acudir.
Por un transporte público de calidade e gratuíto adaptado ás necesidades dos usuari@s!
Basta xa de privatización e concesións millonarias a empresas privadas!