Dende o Sindicato de Estudantes queremos manifestar o noso máis absoluto apoio aos alumnos de residencias universitarias, na súa mobilización contra a brutal suba dos prezos das habitacións.

Dende o Sindicato de Estudantes queremos manifestar o noso máis absoluto apoio aos alumnos de residencias universitarias, na súa mobilización contra a brutal suba dos prezos das habitacións.

Este curso, a USC aprobou un incremento dun 13% no prezo das habitacions do S.U.R.. ¿cantos dos nosos pais tiveron un aumento salarial coma este?
O Ensino público, unha conquista histórica do movimento obreiro, está a ser agredido a cotío pola dereita. O PP é o representante político directo da burguesía. Toda a súa política económica vai dirixida a desmantelar progresivamente o “Estado do Benestar” a traverso do recurte do gasto social.
Así, o gasto oúblico en Educación descendeu do 4,9% do PIB en 1993 ao 4,5% en 2001, o que significa que os cartos públicos adicados ao Ensino caíron nos derradeiros 7 anos en 3.000 millons de euros (1/2 billón de ptas). Nembargantes, en Setembro o Goberno do PP gastou 4.176 millons de euros en armamento.
Para a burguesía e o seu goberno, é un”derroche” investir en que os fillos dos traballadores teñamos un encino de calidade. A fin de contas, para traballar de administrativo ou na hostelaría, é dabondo co bacharelato. Pouco lles importa que dende un punto de vista social, sí sexan necesarios milleiros de novos licenciados.
A Dereita prefire utilizar os cartos públicos (provintes na súa mayoría dos impostos aos traballadores) en bonificacións fiscais aos empresarios e en suvbencións á patronal do ensino privado, que a sanidade, vivenda e educación.
Dende o Sindicato de Estudantes esiximos o incremento do gasto educativo ata o 7% do PIB, para poder desmasificar aulas, crear prazas universitarias dabondo e así acabaren coa selectividade (ou revalida) e garantir os servizos necesarios para os estudantes (biblioteca, ordenadores, ou coma neste caso, prazas de residencia).
Un incremento así garantiría a gratuidade do Ensino Superior (incluida a residencia para todos aqueles que se ven na obriga de desplazárense) para os fillos dos traballadores.

Organizar a loita

As asembleas semanais de residentes son un grande paso adiante para organizar a resposta a esta agresión.
Pero lamentablemente non todos os estudantes poden participaren do mesmo xeito na preparación da mobilización.
Por iso, coidamos que a forma máis eficaz e democrática de organizar a loita é a traverso da elección dun COMITÉ DE LOITA para cada residencia. Este comité terá que ser revocábel en calquera intre pola asemblea e deberá rendir contas da súa actuación ante a asemblea semanal. Se os membros da asemblea coidan que o comité non actuou correctamente, deberán sustituilo.
Este comité podería ter un responsábel de propaganda, outro de finanzas, outro encargado de difundir a información e convocar as asembleas, outro de relación con outras residencias, etc. Por suposto, no descorrer da loita pode facerse necesario crear ou eliminar responsabilidades.
Cremos que sería tamén un grande paso adiante a formación dunha Coordenadora Central, que xunte membros de tódalas residencias, e que debería xuntarse diariamente. Por suposto esta Coordenadora Central terá que ser tamén revocábel en todo momento.
É falso pensar que tódolos estudantes poden estar a xuntarse toda a semana e ao mesmo nivel. En moitas ocasions, tras algunhas horas de asemblea, esta pode quedar baleira e as decisións recaer, inevitabelmente sobre poucas persoas.
A elección dun comité, democraticamente elixido, que se encargue das tarefas cotiás permitiría despois ao conxunto dos estudantes esixiren contas da súa xestión.

Estender o conflito

Na nosa opinión unha das claves do éxito da mobilización é abranguer a máis estudantes (e non só os residentes) nas manifestacións. Unha boa forma de lograr ísto sería incluir novas reivindicacións (sendo a central a derogación da suba do 13%). Entre esas reivindicacións debería de incluirse a de duplicaren o número de habitacions de residencias para absorberen a demanda e acabaren cos non admitidos.
Unha boa campaña de reparto de octavillas, pegada de cartaces e asembleas NAS FACULTADES (e non só nas residencias), arrastraría, sen dúbida a un número importante de estudantes ás manifestacións.
Nun futuro, se a situación ´é propicia, sería correcto formar comités de apoio nas facultades, que asemade poderían ter representantes na Coorinadora Central das residencias (inda que sen voto).
Cremos que as propostas indicadas poden contribuir ao fornecemento da mobilización.

En todo caso, só a organización dos estrudantes das residencias, pode parar o deterioro gradual destas. (falta de transporte a Monte do Gozo, lavandería, falta de prazas, incremento do prezo...)
Por iso saludamos teimosamente a mobilización que lanzaron os estudantes de residencias.

BASTA DE ATAQUES AO ENSINO PÚBLICO
NON AO AUMENTO DO PREZO DAS HABITACIONS