Os pasados 13 e 14 de abril, o alumnado galego, xunto co do resto do estado, protagonizamos unha gran folga xeral que paralizou institutos, CIFPs e facultades de todos os concellos do país.
As semanas previas á folga, dende o S.E. percorremos os centros de estudo convocando asembleas informativas e formando decenas de comités de folga. Nesta ocasión, a asistencia ás asembleas foi maior que no pasado, reflectindo a preocupación do alumnado procedente da clase traballadora pola inminente aplicación do 3+2 ou a reválida de 2º de Bacharelato.
Grazas a estes comités de folga tomamos a convocatoria coas dúas mans e estendémola a máis centros de estudo e ata a concellos veciños, o que dotou a esta protesta dunha gran extensión.
O día 13, o S.E. convocou manifestación en Compostela, Lugo e Ribeira para confluír con outras organizacións. Ese día estivo marcado por un enorme temporal de choiva, vento e graínzo, que non impediu que miles de xóvenes marcharamos polas rúas da capital galega e outros concellos.
Ó día seguinte, mil estudantes marcharon nunha combativa manifestación polas rúas de Vigo, outros mil por A Coruña e máis de 1.500 polo Ferrol. Centenares máis se manifestaron noutros concellos, como O Barco de Valdeorras e outros.
Moitas das consignas coreadas na manifestación facían referencia á traizón da dirección do PSOE ó pactar coa dereita (con Ciudadanos). Así, unha das máis repetidas foi: “Pedro Sánchez nos quere enganar, e pacta con Rivera pra que todo siga igual”.
A crítica ós ataques da LOMCE á nosa lingua tamén estivo moi presente nas consignas coreadas.
A composición das manifestacións era predominantemente de estudantes de barrios obreiros como Coia, Teis, Monte Alto ou Caranza.
A disposición á loita da mocidade quedou patente ó final das manifestacións, cando decenas de mozas achegáronse a deixar os seus teléfonos para construír o Sindicato de Estudantes e continuar a mobilización.