Tralo éxito da folga xeral de estudantes do 22 de outubro:
¡TODOS Á LOITA O 13 DE NOVEMBRO!
¡Defendamos o ensino público; loitemos por un posto de traballo digno ao rematar os estudos!
¡Nin un euro do peto dos traballadores para os banqueiros!
Que a crise a paguen os seus responsables: os capitalistas.

O pasado 22 de outubro, a maioría dos institutos e facultades de todo o Estado español secundaron a folga xeral convocada polo Sindicato de Estudantes contra a privatización do ensino público. Máis de dous millóns de xóvenes baleiraron as aulas ese día e, a pesares dun tempo chuvioso e desapacible, deceas de milleiros de xóvenes saímos á rúa en máis de 50 manifestacións e concentracións en todo o Estado En Madrid fomos 10.000 estudantes, baixo unha choiva torrencial. En Barcelona tamén chovía e participamos máis de 5.000 estudantes. 3.000 saíron en Granada e 2.500 en Sevilla, Valencia e Xerez; 2.000, en Santiago. En Málaga, Bilbao, Vigo e Logroño foron tamén milleiros. Non só nas grandes cidades deceas de milleiros de estudantes enchemos as rúas. En pequenas localidades de todo o Estado tamén se organizaron numerosas concentracións. A folga foi todo un éxito.
Os medios de comunicación, propiedade dos bancos e grandes empresarios, responderon co maior boicot que o movemento estudantil sufriu nunca. En lugar de informar da folga, a TV emitiron reportaxes sobre a “violencia nas aulas” e temas polo estilo. Pero o silencio informativo é un síntoma da enorme debilidade e o medo que teñen os grandes capitalistas a que a mocidade se converta nun punto de referencia para millóns de traballadores. Non queren que a mobilización estudantil acenda a chama e impulse a mobilización xeral da clase obreira. Pero a pesar do seu silencio, a pesar das súas mentiras descaradas, os mozos e os traballadores imos loitar decididamente en defensa do ensino e os servizos públicos, dos postos de traballo e dos salarios.

O problema é o capitalismo e os capitalistas: eles son os responsables da crise

O capitalismo internacional vive a súa peor crise dende o crack de 1929. As economías de todos os países afúndense. No Estado español o paro pronto acadará a 3 millóns de persoas e cebarase con maior dureza sobre a mocidade. A crise non fixo máis que empezar e o peor está por vir. Moitas familias están atenazadas polas hipotecas bancarias e se quedan no paro poden perdelo todo, empezando pola súa propia casa. Con todo, para os capitalistas a receita para saír da crise é clara: máis despedimentos, menos salario, máis precariedade, e demolición da sanidade e o ensino público. En definitiva cargar todo o peso da crise sobre as costas das familias traballadoras.
Neste contexto é realmente lamentable que o goberno do PSOE, encabezado por Rodríguez Zapatero, en troques de atender e protexer aos traballadores e as súas familias, aos parados, de garantir os servizos públicos, este tomando só medidas a prol da gran banca e as grandes empresas. Zapatero, co apoio parlamentario do PP, aprobou un plan para entregar 150.000 millóns de euros á gran banca o 15% do PIB do Estado español! Unha cantidade fabulosa que irá directamente á conta de beneficios dos grandes banqueiros, un gasto absolutamente improductivo e que non atende a ningunha necesidade social. De onde vai saír este diñeiro? Pois inevitablemente de novos recortes no gasto social, na sanidade e no ensino público.
Pero xunto a esta medida, están a aprobar outras a prol da privatización da universidade pública (Plans de Boloña), de endurecer a selectividade, de recortar o gasto sanitario e de equipamentos sociais nos barrios, de reducir a cobertura de desemprego... Esta política non ten nada que ver co socialismo, son medidas capitalistas en defensa dos capitalistas. Para eles non é rendible cubrir as enormes necesidades sociais que existen. Non lles importan as listas de espera na sanidade pública, a masificación e os barracóns nos colexios e institutos públicos, ou que teñamos que pagar 3.000 euros para estudar un posgrao. Só queren man de obra barata, que poidan sobreexplotar ao seugusto. Por iso queren acabar co ensino público.
E só coa loita masiva, máis extensa e unindo as nosas forzas coas da clase traballadora poderemos pararlles.

Necesitamos unha folga xeral
 
Como é posible que con milleiros de despedimentos enriba da mesa, con ataques ao ensino público, á sanidade, etc. os sindicatos non estean a unificar todas esas loitas nunha folga xeral en todo o Estado? As loitas de profesores en Valencia, en Madrid ou en Asturias teñen que unificarse coa dos estudantes pois o obxectivo é o mesmo. En Catalunya o 13 de novembro os profesores sairán connosco á rúa. En Galiza, a CIG convocou mobilizacións o 13 pola tarde. Ese é o camiño, a loita e a mobilización. A clase obreira, organizada e en loita é moito máis poderosa que os capitalistas. Por iso témennos.
Os sindicatos foron construídos polos traballadores para defender os seus intereses, non para protexer aos capitalistas. Dende o Sindicato de Estudantes instamos publicamente aos dirixentes de CCOO e UXT a que organicen canto antes unha folga xeral de traballadores en todo o Estado para evitar que sexa a clase obreira a que pague o prezo da crise. A crise téñena que pagar os seus responsables: os capitalistas.

Loitas en todo o mundo. Todos á rúa o 13 de novembro!

Os estudantes en Italia están a protagonizar mobilizacións históricas contra as leis do goberno reaccionario de Berlusconni que privatizan o ensino público. O 21 de outubro en Grecia celebrouse unha folga xeral. Recentemente en Bélxica produciuse un “día de acción” que paralizou o país como non sucedera dende a II Guerra Mundial. Outros países de Europa como Alemaña ou Francia están en ebulición. En América Latina a revolución esténdese país tras país. No propio corazón do capitalismo, EEUU, vimos importantes mobilizacións contra os plans de Bush de dar cartos aos banqueiros (o mesmo plan que Zapatero).
Aquí no Estado español, despois do éxito do 22 de outubro, o seguinte paso na loita é o 13 de novembro. Ese día, os estudantes temos que encher as rúas de todo o Estado para deixar ben claro que non imos permitir que sigan recortando os nosos dereitos.

Organicemos a folga do 13 de novembro

Hai que formar comités de folga en todos os centros de estudo para explicar a máis estudantes, aos pais e profesores por que hai que mobilizarse e ir ás fábricas cos traballadores para explicarlles por que estamos a loitar.É fundamental crear grupos do Sindicato de Estudantes en todos os institutos e facultades, para defender un programa combativo e dar a batalla até o final. Para iso precisamos que ti sexas o Sindicato de Estudantes.
 
Organízache co Sindicato de Estudantes
Todos ás manifestacións o 13 de novembro para loitar polo noso presente e o noso futuro
Retirada inmediata do decreto que endurece a selectividade. Non á selectividade.
40% de estudantes con bolsa. Bolsa-salario de 1.100 euros ao mes.
Freo inmediato do proceso de Boloña. Universidade pública, gratuita e de calidade.
Prácticas nas empresas, remuneradas con salarios dignos.
7% do PIB para o ensino público. Nin un euro público para a privada-concertada.
Si hai cartos para acometer estas medidas: O goberno  estallos  regalando aos banqueiros. Expropiación da banca baixo control obreiro para garantir o emprego, os salarios e uns servizos públicos de calidade.
Por un posto de traballo digno ao rematar os estudos.
Subsidio indefinido de desemprego de 1.100 euros até atopar  traballo. Os traballadores non teñen a culpa da crise.
ACODE Á MANIFESTACIÓN