CIFP Politécnico2LEER EN CASTELLANO

En defensa do dereito á folga!!
Por un ensino público de calidade!!

O día 15 de Outubro celebrouse unha asamblea no CIFP Politécnico, convocada polo Sindicato de Estudantes para explicar os ataques que están a sufrir os fillos dos traballadores de mans do Ministerio de Educación. Nesta asamblea os estudantes plantexaron que, a pesar de conectar totalmente coas nosas reivindicacións e de considerar máis que xustificado os motivos da folga dos días 21, 22 e 23; atopábanse coa oposición da dirección do centro, que está a impedir o dereito efectivo á folga sancionando mediante faltas non xustificadas ós asistentes á folga, que deste xeito podían chegar a perder o dereito á evaliación ou a bolsa.

Na reunión posterior coa xefatura de estudos na que participaron máis de 100 alumnos, os compañeiros do Sindicato de Estudantes plantexaron a necesidade de loitar decididamente contra os recortes do Goberno Central e contra a posición servil da dirección do centro que, coa sua actitude, o que está a facer é axudar a que o Partido Popular poida impoñeer os seus recortes con total impunidade.

Ante a petición que lanzaron os compañeiros do SE e o alumnado de que o Xefe de Estudos garantira por escrito que as faltas dos días de folga non van contabilizar a efectos legais, este non só non aceptou, se non que considerou este problema como “unha cuestión menor” e non ofreceu ningún tipo de alternativa ou solución.

Dende o Sindicato de Estudantes consideramos inaceptable esta actitude por parte da dirección dun centro que, ainda porriba, carece en moitos ciclos do material necesario para traballar adecuadamente (unha demostración máis do que significan os recortes do PP: a eliminación total e absoluta dunha educación de calidade). Ante todos estes ataques da dirección, non imos a quedar calados e responderemos con todas as nosas forzas. Este luns temos unha nova asemblea xeral para dar salida a esta situación e lograr que se respete o noso dereito á folga

Si se pode!!