Basta de represión policial
Non á criminalización do movemento estudantil
Video de la brutal represión policial
Crónica de El Diario de Ferrol
No día de onte, o Senado aprobaba de forma ilexítima a LOMCE, a contrareforma educativa franquista. O Sindicato de Estudantes convocou unha folga estudantil en todo o Estado como sinal de protesta. A folga foi un rotundo éxito, baleirando, por cuarta vez en menos dun mes, as aulas de todo o Estado, e congregando a decenas de miles de manifestantes nas rúas.
No caso de Galiza, o éxito da xornada de folga foi completo. Miles de estudantes galegos percorreron as rúas das cidades clamando contra o intento por parte do PP de desmantelar o ensino público. As simpatías que esta mobilización despertou entre a clase traballadora, son evidentes. No caso de Ferrol os traballadores do estaleiro Navantia, fixeron un paro para confluír cos estudantes. 4.000 persoas saíron ás rúas da cidade nunha manifestación na que participou o comité de empresa de Navantia e na que tamén estivo presente, amosando o seu respaldo á loita, o Coordinador Federal de IU Cayo Lara
A mobilización foi un golpe máis ao Goberno e a odiado ministro Wert.
No caso de Vigo, a manifestación congregou a dous mil estudantes, amosando a forza do movemento. A policía tivo dende o primeiro momento unha actitude agresiva e provocadora. A manifestación transcorreu de xeito pacifico durante a maior parte do percorrido. Nun momento determinado un grupo de elementos alleos ao movemento estudantil procedeu á queima de contenedores. Isto serviu de escusa perfecta á policía para entrar na manifestación e provocar a dispersión de gran parte dos manifestantes. A represión policial desencadeada despois estivo caracterizada pola brutalidade. É completamente falso que o S.E chamara á policía para cargar contra os manifestantes, como se difundiu por algúns medios de comunicación. É ridículo pensar que pedísemos á policía que rebentara a nosa propia manifestación.
Dende o Sindicato de Estudantes solidarizámonos cos feridos e esiximos a depuración inmediata dos mandos policiais implicados e a dimisión dos responsables desta salvaxe represión contra mozos e mozas que de maneira pacífica loitamos na rúa polos nosos dereitos. Esiximos tamén a inmediata liberación sen cargos dos detidos.
Reafirmámonos nos métodos de loita tradicionais da clase traballadora: Folgas e manifestacións pacíficas e masivas e unidade entre os estudantes e os traballadores. Estes métodos son os que están provocando o illamento do PP e os que poden provocar a caída de Wert e a súa reforma e son os que dende o Sindicato de Estudantes seguiremos a empregar.
A loita contra a LOMCE continua. O día 30 de novembro está convocada unha marcha estatal a Madrid contra a LOMCE. E o seguinte paso ten que ser unha folga xeral de 72 horas de toda a comunicade educativa. Por iso, unha vez máis, instamos aos dirixentes sidicais de CC.OO, UGT, CIG e as APAs a dar este paso e loitar todos xuntos ata derribar a LOMCE, ao Ministro e os recortes no ensino
-Viva a loita estudantil
-Basta de represión policial. Non á criminalización do movemento estudantil.
-Obreiros estudantes unidos e adiante
-Por unha folga xeral de 72 horas de toda a comunidade educativa contra a LOMCE
Sindicato de Estudantes Galiza - 21 Novembro 2013