O Sindicato de Estudantes (integrante tanto da Plataforma en Defensa do Ensino Público como da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público) chama ao estudantado a secundar a convocatoria desta última, e marchar masivamente sobre Compostela.

 

O Goberno quere aprobar nos próximos meses a LOMCE. Sen embargo a forza da mobilización da comunidade educativa está obrigando ao PP a retrasar a súa aprobación. Podemos gañar! A extraordinaria combatividade do profesorado, os P.A.S, o estudantado e as familias das Illas Baleares, en folga indefinida, marcan o camiño. Si se pode!!

O Sindicato de Estudantes convoca tres días de folga estudantil estatal en outubro (22, 23 e 24) e pensamos que esta marcha sobre Compostela é unha extraordinaria forma de quentar motores cara á folga, que terá o seu colofón o último día, cunha folga de toda a comunidade educativa.

Por iso chamamos a tódolos estudantes, pais, nais e mestres a acudir este sábado a Compostela para amosar o noso profundo rexeitamento ao intento do Goberno de acabar coa educación pública.

Para acudir a Compostela sairán autobuses dende as diferentes comarcas, que chegarán a catro puntos da cidade ás 10:30 da mañá (Rúa de Boisaca -polígono do Tambre-, Monte do Gozo, diante do CEIP Lamas de Abade e Ponte da Rocha). Dende alí, as catro marchas partirán cara a Praza de Praterías