Ante a folga educativa do vindeiro 9 de maio, o Sindicato de Estudantes considera extraordinariamente positivo o feito de que tódolos sindicatos do profesorado de Galiza (CIG, CC.OO, UGT, STEG…) chamen á folga aos traballadores e traballadoras do ensino.

A contrareforma educativa que prepara o Goberno do PP é o maior ataque ao ensino público dende a caída da ditadura. Ten como obxectivo expulsar do ensino aos fillos dos traballadores o antes posible e impedir o seu acceso á universidade. Por iso, o Sindicato de Estudantes levaba un ano propoñendo aos sindicatos do profesorado e ás Anpas a necesidade dunha folga de toda a comunidade educativa. Ese escenario, finalmente, vaise producir o vindeiro día 9.

No caso de Galiza existen dúas plataformas en defensa do ensino que agrupan a sindicatos do profesorado, estudantes, país e nais. O Sindicato de Estudantes considera que, xa que os obxectivos das dúas plataformas son os mesmos, sería moi positivo para a loita en defensa do ensino público, a unificación de ámbalas dúas. Ata o momento no que se logre esta unificación, o Sindicato de Estudantes seguirá sendo membro de ámbalas dúas plataformas.

Cada unha das plataformas convoca manifestacións en horas e sitios diferentes o vindeiro día 9. Se ben dende o Sindicato de Estudantes consideramos que tería sido moito mellor para a loita contra a LOMCE a existencia de manifestacións unitarias, imos chamar á asistir e seremos convocantes de tódalas accións e manifestacións que se realicen o día 9 de maio.

Temos forza para derrotar a LOMCE.

Adiante a folga do 9 de maio.

 

 

Manifestacións e concentracións que convoca o Sindicato de Estudantes:

Ferrol:

-11:30 horas. Edificio da Xunta (Praza de España)

-19:30 horas. Edificio da Xunta (coa participación dos país e nais)

Coruña:

-11:30 horas. Praza de Vigo (cita previa do S.E, ás 10:30 nas Escaleiras da praza que dan a Menendez y Pelayo

)

-19:30 horas. Praza da Palloza (coa participación dos país e nais)

Compostela:

-11:30 horas no Toral (cita previa do S.E, ás 11 horas no IES Rosalía de Castro)

Vigo:

-11:30 horas. Na Praza dos Cabalos. [cita previa 10:30 no kiosko da praza dos cabalos]

-19:30 horas. Cruzamento de Urzaiz con Vía Norte (coa participación dos país e nais)

Lugo:

-11:30 horas. Praza da horta do seminario "(Cita previa do S.E: 11:00 horas, fronte ó Femenino [IES Virxe dos ollos grandes])"

-19:30 horas. Ronda da Muralla (coa participación dos país e nais)

Facemos un chamamento aos afiliados do SE e ao estudantado en xeral a participar tamén en tódalas concentracións que se convoquen o día 9 no resto de concellos do país.