Estudiantes repasando en Medicina antes de un examen de selectividad, la semana pasada - FOTO: R. EscuredoA política dos distintos gobernos do PP (central e autonómicos) consiste en saquea-las arcas públicas para garantiren os beneficios dos grandes capitalistas. E as consecuencias prácticas deste saqueo son devastadoras. Boa proba disto é o asalto que está a sufrir a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Ciencias Políticas

Os estudantes do grupo da mañá del primeiro curso de Ciencias Políticas levaban varias semanas sen docencia a causa de una praza docente non cuberta na sinatura de Administración Pública.  A única solución dende o  reitorado foi a unificación “temporal” de ámbolos dous grupos, provocando tal masificación que só no Salón de Actos existía espazo suficiente para ambos grupos. Por se isto fose pouco, ambos grupos foron privados de sesións de seminarios, que supoñen a metade do valor da sinatura, por mor da imposibilidade do profesor de manexar un aula tan numerosa.

Afortunadamente, a actuación das organizacións estudantís da facultade, entre elas o Sindicato de Estudantes, convocando a los alumnos afectados a mobilizarse el pasado 20 de febreiro ante la porta do decanato, obrigou  a rectificar a postura de la dirección, que cubriu finalmente a praza do profesor.

Persoal de Administración y Servizos

Este non foi senón o preludio dunha serie de ataques gravísimos que xorden a raíz dun tremendo recorte de 9 millóns de euros nos orzamentos da Xunta de Galicia ó sistema universitario galego, como é a redución salarial ó persoal no docente. Este colectivo respondeu con una convocatoria de paro de 4 horas el 26 de febreiro, có apoio dos estudantes (onde tamén estivo presente el S.E)  e que coincidiu cunha manifestación en defensa dos servizos públicos.

Filoloxía Galega e clásica

Como vimos advertindo, o seguinte paso na política de recortes é o peche de facultades e a desaparición de graos. Neste momento, a USC pretende extinguir o único grao que queda na Galiza de filoloxía galega e tamén o de filoloxía clásica. De o conseguiren, na Galiza deixaría de existir o grao de filoloxía galega. Un ataque tan salvaxe como é este responde tamén á actitude españolista do PP, que coma sempre fixo a dereita e os ricos, despreza a nosa lingua e considéraa propia de pailáns. O Sindicato de Estudantes, que dende o seu nacemento caracterízase pola súa oposición á opresión nacional e a defensa inquebrantable dos dereitos democráticos, estivo presente na concentración do pasado día 27 de febreiro nesta facultade.

Os recortes en Educación en calquera grado da ensinanza levaron, levan e levarán á calidade da ensinanza a niveis de absoluta miseria. Cómo pode ser que os señores ministros prediquen as bondades de “aforrar” en asuntos fundamentais coma Educación e Sanidade mentres  enchen os privados petos da burguesía  có diñeiro de tódolos traballadores? Afíliate e loita connosco para facer fronte ós ataques!

Sección Sindical do S.E de Ciencias Políticas e Relacións Laborais da USC