O pasado mércores, o Sindicato de Estudantes mantivo unha xuntanza cunha representación do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE). Por parte de AGE asistiron os compañeiros Xabier Ron e Ramón Vázquez, deputados desta organización.

Os compañeiros informáronnos que AGE vai apoiar a folga de 72 horas convocada polo Sindicato de Estudantes para os dias 5,6 e 7 de febreiro e as distintas accións e manifestacións que convoquemos eses dias.

 

Adiante a loita estudantil!!
Todos e todas á folga!

 


AGE APOIARÁ AS MOBILIZACIÓNS E FOLGA DO SINDICATOS DE ESTUDIANTES

No día de hoxe os deputados de AGE, Xabier Ron e Ramón Vázquez, mantiveron hoxe unha xuntanza cos representantes do Sindicato de Estudantes en relación coas mobilizacións e a folga que teñen convocada en todo o estado na defensa do ensino público e contra a LOMCE.

Nesta xuntanza informáronnos do calendario de mobilizacións que inclúe as seguintes datas:

-Martes 5: Saída de piquetes informativos as 10 da mañá en Compostela (Alameda), Coruña (Praza de Pontevedra) e Vigo (MARCO).

-Mércores 6 : Manifestacion en Compostela as 12:00 con saída dende a Alameda e con dirección a San Caetano, data na que conflúen coa convocatoria da Liga Estudantil Galega e os Comites. Haberá tamen manifestación Na Coruña, Lugo e Ferrol faltando por concretarse o percorrido nestes casos.

-Xoves 7: Concentración en Compostela na Alameda as 19:00 coa participacion de pais, nais e profesorado.