NON Á NOVA TARIFA DO BUS!!
TODOS Á CONCENTRACIÓN!

XOVES 20 ÁS 14 HORAS NA ROTONDA DE SOCIOLOXÍA

No próximo mes de xaneiro, a empresa de tranvías co beneplácito do Concello da Coruña levará a cabo unha escandalosa suba das tarifas do transporte público! Con esta nova suba o prezo da tarifa normal pasa a ser de 1,27 e de 0,82 o do bono bus.

Esta  nova suba contrasta cos 3 millóns de euros  de beneficio  cos que pechou no último ano a compañía de Tranvías, así como os máis de 7,5 millóns de euros de subvencións de diñeiro público que lle otorgou o Concello no último ano.  Neste brutal desfalco, a compañía repartiu por exemplo, en 2010, dous millóns de euros en dividendos entre os seus accionistas, mentres que a alta dirección da empresa percibiu 723.000 euros en salarios. Un autético escándalo!

Se non nos bastaba aos estudantes con todos os ataque que estamos a sufrir no ensino público, coma o aumento do 66% das tasas e o endurecemento ó acceso ás bolsas para estudar neste curso.  Con esta medida, os fillos dos traballadores e das familias máis humildes temos unha nova traba para poder optar a estudos universitarios na cidade da Coruña. A falta dun bonobus universitario igual que a non existencia dunha residencia pública son problemas históricos na UDC que os estudantes vimos demandando.

A actual axuda da UDC para o transporte urbano é totalmente insuficiente, en primeiro lugar, unicamente acceden a ela a penas un 10% do estudantado (2400 axudas para 24.056 estudantes ) e en segundo lugar, esta beca comprende escasamente 200 viaxes rebaixadas, o que supón entre 13 semanas  ou no mellor dos casos 20 semanas de curso. Unha vez rematada esta axuda, pasamos a pagar a tarifa normal, o que pode chegar a superar a inaccesible cantidade de 50 euros mensuais para o peto dun estudante.

Esta situación é inaceptable. Mentres a Compañía de Tranvías está a ter beneficios millonarios subvencionados con diñeiro público, os estudantes, a xuventude, as familas traballadoras e demáis usuarios do transporte urbano estamos a vivir un auténtico saqueo ós nosos petos!

Dende o Sindicato de Estudantes esiximos ó Concello que tramite un bonobus para todos os estudantes, así como que garantice un transporte público de calidade accesible a toda a mocidade e á clase traballadora. Para este fin, entendemos que o concello debe romper sen ningún tipo de compromiso económico coa concesión contractual con esta empresa, que data de 1986, para negociar unhas condicións novas que garanticen estas peticións. Se a empresa non aceptara estas premisas, entendemos que despois de 26 anos de desfalco ó erario público, comprendemos que dita  inversión pola Compañía de Tranvías está máis que rentabilizada polo que abogamos pola municipalización da empresa, sen indemnización, para garantizar uns servizos públicos de calidade.

Para levar a cabo esta loita, para golpear máis forte e conquistar este dereito, chamamos á unidade de acción de todas as organización estudantís de esquerdas!

Aprobeitamos tamén para anunciar as seguintes xornada de Folga Estudantil, despois das históricas xornadas de outubo, a loita contra os recortes e a reforma franquista que o gobernó quere levar a cabo no ensino público! Voltamos ás rúas!! TODOS Á FOLGA XERAL DE ESTUDANTES 5,6e7 de FEBREIRO!!

POR UN BONOBUS PARA O ESTUDANTADO!
POR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE ! NON Á ELITIAZACIÓN DA UNIVERSIDADE!
POR UN TRANSPORTE PÚBLICO E DE CALIDADE PARA A MOCIDADE E A CLASE TRABALLADORA!

ORGANÍZATE E LOITA CO SINDICATO DE ESTUDANTES!