OSindicato de Estudantes apoia a folga universitaria convocada polos compañeiros da Liga Estudantil Galega para o vindeiro xoves 11 de outubro e chama ao conxunto do estudantado universitario a secundala e asistir as manifestacións.
Os ataques á universidade pública (suba das taxas, restricións ao acceso á bolsas) son parte do masivo ataque ao ensino público que estamos a sufrir. Aos brutais recortes orzamentarios e o despedimento de 50.000 profesores no conxunto do Estado, engádeselle agora a contrareforma educativa aprobada polo Goberno, que, mediante a implantación de reválidas e "itinerarios" pretende impedir o acceso de centos de miles de fillos e fillas de traballadores ao ensino universitario, bacharelato e ciclos formativos.
Por iso, dende o sindicato de estudantes chamamos ao conxunto do estudantado a continuar a mobilización, secundando masivamente a folga de 72 horas que temos convocada para os dias 16,17 e 18 de outubro. Reiteramos tamén o noso chamamento aos compañeiros da Liga para sumarse á convocatoria e loitar unidos.