O Sindicato de estudantes ven de recibir varias denuncias por parte dos nosos afiliados da Escola de Enfermaría de Vigo. Estas denuncias falan dunha gran cantidade de irregularidades, entre as que destacan as seguintes:
1-Os horarios das clases de pola tarde fan imposible compatibilizalas coas prácticas clínicas
2-Imposibilidade de ausentarse de calquera práctica clínica, aínda por motivos médicos xustificados
3-Caos horario: os alumnos que realizan as prácticas no hospital xeral saen ás 14:00 horas e deben entrar a clase ás 15:00horas, no hospital de meixoeiro. Ademais, a metade de curso cambian os horarios, co trastorno que isto supón para os estudantes que planificaron o curso atendendo o horario establecido. Por outra banda, os horarios non se publican antes da data de matriculación. Este curso déronse prácticas tamén pola tarde.
4-Imposibilidade de compatibilizar estudo e traballo. Non existe a posibilidade de realizar traballos en lugar de clases, tal e como se prometía coa aplicación dos plans de Boloña. Ademais incúmprese o dereito de aqueles estudantes que traballan a facer matrículas parciais.
5-A guía docente do curso nunca está publicada ata ben entrado o curso e é incumprida sistematicamente: a nota final da materia é exclusivamente a do exame, sen ter en conta seminarios, traballos ou asistencia. Ademais, os traballos realizados durante o curso non se puntúan e non se devolven aos estudantes
6-Normas antidemocráticas para a elección dos representantes dos alumnos na xunta da escola. Non se realizan eleccións, o que é un feito de extrema gravidade.
7-Incumprimento do calendario escolar da universidade de Vigo. Obrigase a recuperar os festivos que sinala ese calendario.
8-Non se realizan titorías
9-Nalgunhas materias, a Guía docente da Universidade de Vigo non coincide coa do servizo de tele docencia (FAITIC)
10-Nos seminarios séguese dando materia para completar o temario. Ademais a materia que se imparte nos seminarios entra nos exames
11-A biblioteca do Hospital do Meixoeiro so permite sacar libros os alumnos os venres a partir das doce da maña (non hai clase eses días) e téñense que devolver os luns antes das doce da maña. E o horario de esta biblioteca é so polas mañas coincidindo co horario das prácticas clínicas da maioría do alumnado.
O Sindicato de Estudantes esixe a inmediata corrección destas graves irregularidades. Dende xa empezamos unha campaña informativa para denunciar estes feitos, como paso previo á organización de mobilizacións na escola.