Os cartos do banqueiro para o ensino en Galego!

En tan só un ano, o PP recortou 4.000 millóns de euros nos orzamentos para educación. Esta medida significou o despedimento de máis de 50.000 profesores en todo o estado ou o recorte brutal dos gastos correntes con consecuencias como a eliminación da calefacción en moitos centros de estudo.

 

Tamén, como sabedes, o PP quere aprobar a LOMCE, una contrareforma educativa que ten como obxectivo que ningún fillo ou filla de traballador poda acceder á universidade e que a esta só accedan os fillos dos ricos.

Como tamén sabes, o sindicato de Estudantes convoca unha folga estatal de 72 horas contra esta salvaxe contrareforma educativa, os días 5,6 e 7 de febreiro.

E por se todos estes ataques mencionados foran pouco, agora o PP quere atacar tamén as linguas propias das nacionalidades do estado: o galego, o catalá e o euskera. Son os herdeiros do franquismo e queren volver a aquela época onde as linguas que non eran o español estaban reprimidas. Para eles, para a dereita e os capitalistas, o galego é unha lingua de "pailáns". Pero a clase traballadora e a mocidade defendeu o galego, o catalá e o euskera fronte ao franquismo e tamén defenderémolo agora.

A plataforma "Queremos galego" (da que o sindicato de estudantes forma parte) convoca unha gran manifestación e Compostela o vindeiro domingo pola mañá, contra os ataques ao galego.
O Sindicato de Estudantes estará presente nesta manifestación. Propoñemos a tódolos estudantes que participen con nós.

Para organizar a nosa faixa facemos unha cita ás 11:15 na porta do IES Rosalía de Castro (fronte á estatua das "marías" da Alameda de Santiago)


HAI AUTOBUSES DENDE AS DISTINTAS CIDADES QUE LEVAN  AOS MANIFESTANTES ATA COMPOSTELA
Adxuntamos aquí o enlace cos números de teléfono onde tendes que anotarvos

http://www.queremosgalego.org/2013/01/04/autobuses-para-a-manifestacion-do-27-de-xaneiro/

Tamén adxuntamos o cartaz que estamos a pegar nos centros de estudo, convocando á manifestación, para que o imprimades e o poñades nos vosos centros.

Basta de ataques ao Galego!
Basta de ataques ao Ensino público!
Os cartos dos banqueiros para o ensino en Galego!